Normativa do 21 de novembro de 2019

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

BOE 21 de novembro (280)

V. ANUNCIOS

MINISTERIO DE FOMENTO

Expropiacións.- Anuncio de la Demarcación de Carreteras del Estado en Galicia por el que se somete a Información Pública previa a la declaración de urgente ocupación de los bienes y derechos afectados por la ejecución del proyecto de construcción Variante de Ourense. Tramo: Enlace de Eirasvedras con la N-120 en su pk. 573,800-Enlace de Quintela con la N-120, en su pk 572,000. Clave: 13-OR-4600.A. (Ourense)

DOG 21 de novembro (222)

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

PXOM.- Anuncio do 8 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Baños de Molgas.

Informe ambiental.- Anuncio do 8 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico do Plan especial de infraestruturas e dotacións para vía entre Cerdedo e Caroi, no concello de Cerdedo-Cotobade (expediente 2019AAE2357; código 2223/2019).

Impacto ambiental.- Anuncio do 8 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto da instalación de valorización de vehículos agrícolas fóra de uso (VFU) no polígono industrial do Ceao, no concello de Lugo (expediente 2019/0026).

Explotación avícola.- Anuncio do 8 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de ampliación dunha granxa, ata 104.408 prazas, de polos de ceba na parroquia de Parada de Outeiro, no concello de Vilar de Santos (expediente 2018/0092).

Impacto ambiental.- Anuncio do 8 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de construción dunha ponte sobre o río Támega no núcleo rural de Queizás, no concello de Verín (expediente 2018/0049).

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Expropiacións.- Anuncio do 7 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, do acordo de ocupación dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación da liña colectora Ludrio eixe norte 132 kV-parque eólico Pastoriza-Rodeiro-subestación de interconexión Ludrio 132/400 kV (expediente IN407A 2017/4-0). (Castro de Rei)

BOP A Coruña 21 de novembro (222)

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

Ampliación explotación.- Ampliación de explotación ganadera. Concello de Zas.

Expropiacións.- Pagamento do mutuo acordo por expropiación para a obra “Proxecto de construcción de Autovía AG-59, Treito A Ramallosa-Enlace AC-241”, de clave GA/08/022.01.1, no concello de Teo.

ORTIGUEIRA

Modificación bases.- Anuncio da rectificación das “Bases que rexerán a convocatoria de axudas municipais a creación e mellora de pemes e micropemes no concello de Ortigueira”.

BOP Ourense 21 de novembro (267)

CONCELLO DA VEIGA

Planeamento municipal.- Aprobación definitiva del estudio de detalle para el reajuste de alineación y trazado viario en la UE-2 en la calle Chao de Curra en A Veiga. (Páx. 3)

 

BOP Pontevedra 21 de novembro (224)

PONTEAREAS

Convocatoria.- Bases reguladoras e convocatoria para as subvenciones para promover o emprego 2019, 2ª convocatoria.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias