Iniciamos a recollida de sinaturas para levar ao Parlamento a problemática do xabaril

O 19 de xullo o secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, e o responsable de Acción Externa, Félix Porto, anuncian en rolda de prensa o inicio dunha recollidad e sinaturas para levar ao Parlamento de Galicia unha Proposición en forma de Iniciativa Lexislativa Popular que propicie un cambio na xestión do xabaril. Trátase de conseguir que a Xunta de Galicia deixe de delegar responsabilidadese nos tecores e colectivos de caza, e que se faga cargo dunha especie que segundo todos os indicadores está a medrar de xeito desmedido, e cuxos danos son cada vez maiores.

O xabaril causa máis de 1.100 accidentes de tráfico ao ano segundo datos de Tráfico. Enfrontamos ademais un problema grave relacionado coa posibilidade de contaxio da peste porcina africana, que levará á ruína á nosa industria cárnica de porcino, punteira en Europa. Tampouco é de recibo que agricultores e gandeiros se vexan na obriga de asumir os 15 millóns de euros anuais en danos que o porco bravo está a provocar nas colleitas. NIn que o único camiño que os afectados por todos estes daños teñan para obter algunha compensación sexa denunciar aos tecores, que non contan con medios suficientes para facerse cargo do problema nin deben asumir esa responsabilidade.

 

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias