Solicitamos a colaboración das sociedades de caza para minimizar danos

Ante o inminente inicio da tempada de caza, o 22 de agosto Unións Agrarias solicita a colaboración de tecores e sociedades de caza para que contribúan a minimizar os danos sobre as colleitas que xa está a provocar o xabaril. É urxente que comecen as batidas para desprazar as mandas lonxe dos cultivos, tal e como destacan Félix Porto e Jacobo Feijóo en rolda de prensa.

No que levamos de 2019 os avisos por danos do xabaril nos cultivos téñense duplicado con respecto das comunicacións rexistradas durante todo o 2018. A cuantificación dos destrozos provocados no último ano elévase aos 15 millóns de euros, polo que é urxente actuar xa. Apelamos á sensibilidade e pedimos a colaboración dos cazadores para que os danos nas colleitas de millo non vaian a máis. É fundamental afastar ao xababil cara ao monte. Pero tamén conseguir a implicación da Xunta, que ata agora desenténdese da xestión e control desta especie.

A razón de tres accidentes de tráfico diarios e incrementándose a poboación de xabaril, somos plenamente conscientes de que os tecores non teñen a capacidade de asumir o custe dos seguros precisos para paliar os danos. É por iso que, se ben neste momento solicitamos a colaboración dos cazadores para frear os danos que xa están a producirse nos cultivos, comos conscientes de que é a Xunta quen debe asumir responsabilidades. Os agricultores non poden seguir asumindo o custe económico dos danos que provoca o xabaril. Que as axudas da Xunta cubran unicamente un 8% do total non é de recibo. É necesario crear un Fondo de Compensación suficientemente dotado. Urxe incidir na caza con criterios de eficacia e estudar o uso de novas tecnoloxías para espantar animais das zonas de cultivo. A Xunta debe tomar parte, e agardamos que o Parlamento poida debater en outubro a Proposición Non de Lei que presentaremos con ese obxectivo.

 

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias