Xa estamos un pouco máis preto de conseguir que a Xunta de Galicia asuma a xestión do xabaril! O 3 de outubro presentamos no rexistro do Parlamento as máis de 6.500 sinaturas que recollemos en apenas 25 días, e que dan boa mostra do sentir popular e das solucións que agricultores e gandeiros demandan para un problema que vai a máis. 15 millóns anuais en danos ás colleitas, ata 7 accidentes de tráfico ao día e a ameaza dun posible contexio da peste porcina africana á industria cárnica de porcino son motivos máis que suficientes para que o goberno galego se involucre!
Privacy Overview
This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.