Animamos aos produtores de leite a reclamar ás industrias

Unións Agrarias pon os seus servizos xurídicos a disposición dos produtores de leite afectados polos impagos das industrias. Lactalis, Nestlé, Danone e Capsa teñen sido sancionadas por Competencia por pactar de xeito ilícito para manter os prezos do leite en orixe anormalmente baixos, pero sabemos que outras firmas tamén incorreron nas mesmas prácticas. Animamos ás explotacións, estean actualmente en activo ou non, a reclamar. Falamos de cartos que os produtores tiñan que ter percibido, e que quedaron nas industrias.

O responsable de Servizos da organización compareceu en rolda de prensa para animar aos gandeiros galegos que vendesen leite entre 2000 e 2013 a sumarse á reclamación, sexan ou non afiliados de Unións. Óscar Pose lembrou que Galicia é a Comunidade cos prezos do leite máis baixos de España, entre 2 e 2,5 céntimos menos. 4 céntimos menos se nos comparamos coa media europea. Un escenario á vista do cal a reclamación ás industrias cobra todo o sentido. “500 explotacións pechan cada ano. Das 32.000 que había en 2000 pasamos a pouco máis de 7.000. Seguimos tamén con impagos de primeiros compradores que deben ser regulados, pois están deixando na estacada a moitas pequenas explotacións”, indicou o representante de Unións Agrarias, que lamentou tamén a pasividade da Consellería. “Non hai unha soa medida enriba da mesa para reverter a situación, nin se convoca a Mesa do Leite que vimos reclamando. Mentras, seguimos vendo como a industira impón contratos e cláusulas abusivas aos produtores sen que exista negociación”.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias