O 25 de setembro reunínomos en Santiago para reunir as sinaturas recollidas nas distintas comarcas de Galicia en apoio á nosa Iniciativa Lexislativa Popular sobre o xabaril. Comezando apenas co procedemento, e xa pasamos das 5.000! Cada vez queda máis claro o clamor existente para que a administración se faga cargo dun problema que vai a máis. Moitísimas grazas a todos os que xa asinastes. E aos que aínda non o fixestes, lembrámosvos que aínda podedes sumarvos á campaña para conseguirmos que a Xunta de Galicia asuma a xestión do desta especie!