Normativa do 29 de novembro de 2019

Modificación da Orde pola que se regula a presentación electrónica de solicitudes de arrendamento de predios rústicos incorporados ao Banco de Terras de Galicia (código de procedemento MR711B). (DOG Núm. 228)

DOG 29 de novembro (228)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

Expropiacións.- Decreto 151/2019, do 14 de novembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do itinerario peonil na AC-524. Puntos quilométricos 0+500-2+000, de clave AC/17/174.06, no concello de Ordes.

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Banco de Terras de Galicia.- Orde do 25 de novembro de 2019 pola que se modifica a Orde do 19 de setembro de 2019 pola que se regula a presentación electrónica de solicitudes de arrendamento de predios rústicos incorporados ao Banco de Terras de Galicia (código de procedemento MR711B).

Establécense dous períodos anuais para a presentación das solicitudes. O primeiro abarcará os meses de marzo e abril, e o segundo os meses de outubro e novembro. Fóra destes prazos, as solicitudes inadmitiranse por extemporáneas.

AXENCIA TURISMO DE GALICIA

Subvencións.- Resolución do 19 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades locais para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas no medio rural e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TU501B). (Extracto)

Subvencións.- Resolución do 19 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a proxectos de promoción e dinamización do Xacobeo 2021 dentro do programa O teu Xacobeo, e se procede á súa convocatoria para os anos 2020 e 2021 (código de procedemento TU300A). (Extracto)

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Ampliación prazo.- Resolución do 26 de novembro de 2019 pola que se modifica a Resolución do 2 de agosto de 2019 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a contratación de xestores de internacionalización, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 e 2020 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG638A).

Ampliarase ata o 11 de decembro de 2020 o prazo máximo de execución dos proxectos.

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Instalación eléctrica.- Resolución do 6 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Agolada (expediente IN407A 2019/127-4).

Eólicos.- Anuncio do 19 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, de consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia no expediente de expropiación IN661A 2004/9-1, no concello de Muxía.

CONCELLO DE ARBO

Xestión de biomasa.- Anuncio de requirimento de xestión de biomasa con referencia catastral 36001A009000620000SW (expediente 675/2017).

 

BOP A Coruña 28 de novembro (228)

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Instalación eléctrica.- Resolución do 26 de novembro do 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Vedra (expediente: IN407A 2018/163-1).

Expropiacións.- Acordo do 26 de novembro de 2019 da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación industrial, no concello de Padrón.

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

Expropiacións.- Anuncio de levantamento de actas previas á ocupación relativa á expropiación DP5602 Negreira a Pontenafonso, P.q. 6,105 a 8,63. Ampliación e mellora da seguridade vial (Negreira) (código obra 19.1110.0010.0).

Expropiacións.- Anuncio de levantamento de actas previas á ocupación relativa á expropiación ampliación e mellora do trazado da DP7802, Roxos a Reborido, 1ª fase, P.q. 0+390 a 2+620 (Santiago de Compostela) (código obra 19.1110.0007.0).

 

BOP Ourense 29 de novembro (274)

ADMINISTRADOR DE INFRAESTRUCTURAS FERROVIARIAS – ADIF

Expropiacións.- Información pública do expediente de expropiación forzosa 190ADIF1999 polas obras do “proxecto básico da subestación eléctrica de tracción de Oural e centros de autotransformación para o tramo: Ourense-Monforte de Lemos-Lugo”. (Peroxa, Coles) (Páx. 2)

BOP Pontevedra 29 de novembro (230)

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Instalación eléctrica.- Resolución do 6 de novembro de 2019 da Xefatura Territorial de Pontevedra de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que se describe no concello de Lalín (expediente IN407A 2019/145-4).

DEPUTACIÓN PROVINCIAL

Concesións.- Subvención a Fundación do Campo Galego para a restauración de bens que formarán parte do Museo do Campo e a Mecanización.

Concesións.- Subvencións concedidas polo Servizo de Igualdade durante o mes de novembro 2019.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias