DOG 2 de decembro (229)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
PXOM.- Orde do 5 de novembro de 2019 de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal do Porriño no polígono industrial de Torneiros.
Normas subsidiarias de planeamento.- Orde do 5 de novembro de 2019 de aprobación definitiva da modificación puntual número 19 das Normas subsidiarias de planeamento municipal de Vilanova de Arousa relativa á modificación da ordenanza 2 de solo urbano de edificación pechada.
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Convocatoria.- Orde do 20 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2020 para a concesión das primas de mantemento das forestacións, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MR670C). (Extracto)
Prazo Solicitude: Ata o 02/01/2020
Procedemento: MR670C
AXENCIA TURISMO DE GALICIA
Convocatoria.- Resolución do 19 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago, e se establece a súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TU501D). (Extracto)
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Impacto ambiental.- Anuncio do 30 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a solicitude de modificación da autorización ambiental integrada e o estudo de impacto ambiental para a ampliación da estación depuradora de augas residuais nunha fábrica de queixo de Queserías Entrepinares, S.L.U., no concello de Vilalba (Lugo).
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
Expropiacións.- Anuncio do 20 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación do traslado de follas de valoración por expediente de expropiación, no concello de Ribeira (expediente IN407A 2016/3020-1).
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Concentración parcelaria.- Anuncio do 13 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da zona de concentración parcelaria de Trazo para seren notificados por comparecencia do acordo de reestruturación.
Concentración parcelaria.- Anuncio do 18 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de notificación de resolucións en relación cos expedientes de modificacións ao acordo de concentración parcelaria da zona da Graña-Campo (Covelo).
CONCELLO DA LARACHA
Expropiacións.- Anuncio de aprobación definitiva de expropiación de terreos no Castro de Montesclaros.
BOP Lugo 2 de decembro (276)
OUTEIRO DE REI
Expropiacións.- Aprobación definitiva de declaración de necesidade de ocupación. Triacqua.
Expropiacións.- Aprobación definitiva de declaración de necesidade de ocupación. Avenida terra cha.
BOP Ourense 2 de decembro (276)
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE
Expropiacións.- Información pública da expropiación forzosa para a execución das obras de “ensanche na estrada provincial OU-0210 Leirado – Pontedeva PQ 1+980 -2+350”. (Páx. 2)
Convocatoria.- Extracto da convocatoria do concurso para concesión de subvencións para proxectos empresariais e de autoemprego en concellos rurais de menor poboación, no marco do proxecto emprendOU. (Páx. 3)