BOE 3 de decembro (290)
III. OTRAS DISPOSICIONES
MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA Y ALIMENTACIÓN
Raza Rubia Gallega.- Resolución de 12 de noviembre de 2019, de la Dirección General de Producciones y Mercados Agrarios, por la que se publica el Convenio con la Asociación Nacional de Criadores de Ganado Vacuno Selecto de la Raza Rubia Gallega, para el depósito y custodia de material genético de animales de razas puras, consignado en el Banco Nacional de Germoplasma Animal.
DOG 3 de decembro (230)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
Ampliación importe.- Orde do 2 de decembro de 2019 pola que se fai pública a ampliación do importe existente para a concesión de subvencións para entidades con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro recollido na Orde do 7 de xuño de 2019 para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia e pola que se convocan para o ano 2019 (código de procedemento TR332A).
CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL
Bono Concilia.- Orde do 28 de novembro de 2019 pola que se fai público o incremento do crédito das axudas previstas na Orde do 29 de maio de 2019 pola que se regulan as axudas económicas para a atención da primeira infancia en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos a través do programa Bono concilia, e se procede á súa convocatoria para o curso 2019/20.
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Reestructuración Viñedo.- Orde do 27 de novembro de 2019 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia e se convocan para o ano 2019.
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Catálogo Galego de Árbores Senlleiras.- Anuncio do 19 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se somete a información pública unha solicitude de inclusión no Catálogo galego de árbores senlleiras.
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
Eólicos.- Cédula do 5 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o aprazamento do levantamento complementario de actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica LAT 132 kV, parque eólico Serra do Oribio, subestación Triacastela, nos concellos de Samos e Triacastela (expediente 017/2005 AT).
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Concentración parcelaria.- Anuncio do 18 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se lles notifican a varias pesoas interesadas os trámites de audiencia en relación coas modificacións das bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Triabá (Castro de Rei-Lugo).
Concentración parcelaria.- Anuncio do 19 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de notificación das resolucións de corrección de erros dos recursos de alzada interpostos contra as bases definitivas na zona de concentración parcelaria de Perdecanai-Barro II (Barro-Pontevedra).
CONCELLO DE CALDAS DE REIS
Xestión de biomasa.- Anuncio de exposición pública do expediente 1907/2019 de orde de execución para a xestión da biomasa vexetal de parcela/s de propietarios descoñecidos ou de propietarios aos que non se lles puido efectuar a notificación.
BOP A Coruña 3 de decembro (230)
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE
Expropiacións.- Pagamento do mutuo acordo por expropiación para a obra “Mellora e integración paisaxística das entradas dos Camiños de Santiago en Santiago de Compostela ámbito: Camiño Francés-Monte do Gozo”, de clave AC/17/012.10.1, no concello de Santiago.
Expropiacións.- Pagamento do xusto prezo de xurado por expropiación para a obra “Conexión CG 1.5 en Sampaio-Portobravo, de clave AC/12/031.01”, no concello de Noia.
Expropiacións.- Pagamento do mutuo acordo por expropiación para a obra “Itinerario peonil na AC-305. Treito: Tallós-Muro Novo, p.q. 2+730-3+690”, de clave AC/17/105.06, no concello de Dodro.
Expropiacións.- Pagamento do mutuo acordo por expropiación para a obra “Proxecto de construción do itinerario peonil e reforma da intersección na AC-840 (p.q. 20+190 ao p.q. 21+910)”, no concello de Curtis, de clave AC/15/066.06
BOP Ourense 3 de decembro (277)
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE
Plans de emerxencia por seca.- Aprobación inicial das bases reguladoras do Programa Provincial de Cooperación para a elaboración de plans de emerxencia por seca. (Páx. 2)
Servizo contra incendios.- Aprobación definitiva do orzamento do Consorcio Provincial de Ourense para o Servizo contra Incendios e de Salvamento para o exercicio 2020. (Páx. 2)
BOP Pontevedra 3 de decembro (232)
ZONA HIDROGRÁFICA DE GALICIA – SUR
Reestructuración parcelaria.- Servizo Infraestruturas Agrarias-Consellería do Medio Rural solicita de Augas de Galicia co CIF:Q1500378C, a autorización de obras no lugar de Troáns II, parroquia de Troáns (Santa María), Concello de Cuntis (Pontevedra). O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico.