Normativa do 9 de decembro de 2019

DOG 9 de decembro (Núm. 233): Convocatoria de axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia.

DOG 9 de decembro (233)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Expropiacións.- Decreto 154/2019, do 28 de novembro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto denominado Parcelario e valoración de bens e dereitos afectados para a ampliación do cemiterio municipal da Romea, no termo municipal de Lalín.

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Convocatoria.- Orde do 26 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2020. (Extracto)

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

Concesións.- Resolución do 13 de novembro de 2019 pola que se dá publicidade ás persoas beneficiarias das axudas da liña A, axuda ao alugamento de vivenda, concedidas ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para as axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021 e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, con carácter plurianual, e se notifica a resolución ás persoas ás cales se lles denegaron estas axudas.

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Instalación eléctrica.- Resolución do 14 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Pazos de Borbén.

Instalación eléctrica.- Resolución do 14 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello da Lama.

Eólicos.- Anuncio do 20 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se notifican a varias interesadas as autorizacións administrativas previa e de construción do parque eólico Corme modificación substancial.

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- Edicto do 20 de novembro de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Ouzal a favor dos veciños/as da parroquia de Bangueses (San Miguel), no concello de Verea (Ourense).

CMVMC.- Edicto do 20 de novembro de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Porteliñas a favor dos veciños de Bascois, Carballeda e Santa Cruz, nas parroquias de Carballeda (San Vicenzo) e Santa Cruz (Santa Cruz), no concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense).

CMVMC.- Anuncio do 14 de novembro de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 13 de novembro de 2019, do mesmo xurado provincial, relativa ao acto de conciliación formulado polos representantes dos montes veciñais en man común Serra de Lobios e Nichos e Tapada do Crego, Ribadeira e Estremadoiro, no concello de Lobios.

CMVMC.- Anuncio do 14 de novembro de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 13 de novembro de 2019, do mesmo xurado provincial, relativa ao acto de conciliación formulado polos representantes dos montes veciñais en man común Testeiro, no concello do Irixo, e montes de Zobra, no concello de Lalín.

Concentración parcelaria.- Anuncio do 20 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se fai pública a Resolución do 17 de outubro de 2019 e a corrección de erros do 28 de outubro de 2019, ditadas polo director xeral de Desenvolvemento Rural, en relación co expediente de concentración parcelaria de San Millao (Cualedro-Ourense).

CMVMC.- Anuncio do 20 de novembro de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que publica a resolución do acordo da revisión do esbozo dos montes veciñais da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Pazo, Pasada e Bouza, na parroquia de Rebón do concello de Moraña.

Concentración parcelaria.- Anuncio do 21 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican a varios interesados/as resolucións relativas ás modificacións do acordo da zona de concentración parcelaria de Estás-Goián-Figueiró (Tomiño-Pontevedra).

CONCELLO DE CULLEREDO

Xestión de biomasa.- Anuncio de requirimento de xestión de biomasa.

COOPERATIVA AGRÍCOLA GALLEGA, S. COOP. GALLEGA EN LIQUIDACIÓN

Anuncio liquidación.- Anuncio de liquidación da cooperativa.

 

BOP A Coruña 9 de decembro (233)

PORTO DO SON

Xestión de biomasa.- Anuncio de notificación a titulares sobre o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal.

TOQUES

Concesións.- Anuncio de aprobación da Ordenanza reguladora de concesión de subvencións municipais para concentración de fincas rústicas destinadas a uso agrícola ou gandeiro.

BOP Ourense 9 de decembro (281)

DEMARCACIÓN DE ESTRADAS DO ESTADO EN GALICIA

Expropiacións.- Información pública do expediente de expropiación dos terreos para a execución do proxecto de construción variante de Ourense. Tramo: enlace de Eirasvedras coa N-120 no seu pq 573,800-enlace de Quintela coa N-120, no seu pq 572,000. Clave 13-OR-4600.A (Páx. 2)

BOP Pontevedra 9 de decembro (335)

CAMBADOS

Convocatoria.- Convocatoria do programa de axudas municipais á promoción económica do concello de Cambados 2019

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias