Unións Agrarias ven de denunciar esta mañán en rolda de prensa na cidade de Ourense, o impacto do recorte nas axudas a percibir por agricultores e gandeiros da provincia de Ourense, que supón a proposta de modificación do Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, enviada pola Xunta a Bruxelas o pasado 19 de novembro.
Nesa proposta de modificación se retiraron 22,83 millóns de euros, previstos para ser ingresados ata decembro de 2020 ás explotacións con limitacións naturais, como as de montaña, dentro da chamada Medida 13 do PDR, ou “Pagos a Zonas con Limitacións Naturais e outras limitacións específicas”.
Na provincia de Ourense, esto supón que un recorte de 2.62 millóns de euros, que deberían de estar ingresados nas contas das explotacións con data límite de decembro de 2020, segundo estaba programado e aprobado antes desta proposta de reforma, enviada a Bruxelas.
Así 955 explotacións familiares terían percibido 2.750 euros adicionais en concepto de axudas a explotacións de montaña, que agora se ven recortados.
Esto perxudica especialmente ás comarcas do interior e da montaña, onde as explotacións de Concellos como Montederramo ou Viana do Bolo verán recortados 214.000 euros e 150.00 euros recpectivamente. Supoñen recortes importantes nas economías familiares destas zonas que precisan das axudas complementarias de reforzo á renda para sobrevivir. Para eso foron deseñadas pola Unión Europea para compensar perdas de ingresos e coostes adicionais por limitacións naturais, e deberían de ser unha prioridade da Xunta de Galiciase realmente queren buscar a viabilidade do rural.
Unións Agrarias denuncia igualmente que a proposta de modificación da Xunta enviada a Bruxelas, garante únicamente a continuidade desta liña de axudas, para o vindeiro ano electoral 2020, fiando o futuro das axudas a reformas do Orzamento da Comisión que ainda non están definidos nen aprobados no seu detalle, e que poderían non estar en prazo. No anterior periodo de programación esta mesma estratexia da Xunta, supuxo que non se puideran convocar as Axudas Agroambientais durante dous anos, o que podería repetirse tanto coas axudas dos da Medida 13 do PDR, Pagos a Zonas con limitacións Naturais a partir do ano 2021, como as propias da Medida 10 Agroambiente e Clima.
Así, de fallar a proposta de refinanciamento para os anos 2021, 2022 e 2023, como sucedeu no periodo transitorio dos anos 2014 e 2015, estas axudas quedarían sen convocarse por falta de respaldo financiero.
Polo tanto de fallar as previsións da Xunta para a renovación destas axudas, como nos anos 2014 e 2015, as explotacións de Ourense perderían arredor de 5.271 euros por cada ano de retraso para a súa posta en marcha en concepto da Medida 10 Agroambiente e Clima, e 2.100 euros adicionais por cada ano de retraso da posta en marcha da Medida 13, Pagos a Zonas con Limitacións Naturais (ZLN).
Non se entende porque a Xunta ten asegurada a execución das distintas medidas do PDR ata o ano 2023, co remanente de fondos non executados do periodo 2014-2020, deixando fora desa programación precisamente estas dúas Medidas 10 e 13 do PDR que supoñen pagos complementarios que reforzan as rendas das explotacións máis vulnerables da provincia, especialmente nas zonas de montaña, e que en moitos casos teñen unha rendabilidade inferior as rendas de referencia do SMI, Salario Mínimo Interprofesional.
Por todo elo Unións Agrarias solicitou da Comisión Europea, que rexeite a proposta de modificación do PDR de Galicia 2014-2020, enviada pola Xunta a Bruxelas o pasado 19 de novembro.