DOG 16 de decembro (238)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Convocatoria.- Orde do 3 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas para o período 2019-2023, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2020 (código de procedemento MR361A). (Extracto)
Procedemento MR361A
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 31 de xaneiro de 2020 |
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
Instalación eléctrica.- Resolución do 14 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Salceda de Caselas (expediente IN407A 2019/124-4).
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
CMVMC.- Anuncio do 13 de novembro de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 12 de novembro de 2019 relativa ao acto de conciliación formulada polos representantes dos montes veciñais en man común Rotea, Rozadas, Lamagueiro, Costa e Rocegón e Tapada do Crego, Ribadeira e Estremadoiro, no concello de Lobios.
Concentración parcelaria.- Anuncio do 26 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se citan para seren notificados por comparecencia varios afectados pola revisión gráfica e documental da zona de concentración parcelaria de Loxo-Enquerentes-Fonterrosas-Ribeira (Touro-A Coruña).
Concentración parcelaria.- Anuncio do 27 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se dá publicidade a unha resolución pola que se modifica o acordo de concentración da zona de Beán-Pereira (Ordes-A Coruña) por cesión de predios do fondo de terras da dita zona ao Concello de Ordes.
Concentración parcelaria.- Anuncio do 27 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se citan para seren notificados por comparecencia varios afectados pola revisión gráfica e documental da zona de concentración parcelaria de Vilamaior-Barbeiros II (Ordes-A Coruña).
AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS
Expropiacións.- Resolución do 25 de novembro de 2019, do Servizo Provincial de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de trazado de conversión en autovía do corredor Nadela-Sarria, treito A Pobra de San Xiao-Sarria centro, puntos quilométricos 13+500-24+000, de clave LU/17/005.01, concellos do Páramo e Sarria.
CONCELLO DE CULLEREDO
Xestión de biomasa.- Anuncio de xestión da biomasa.
BOP A Coruña 16 de decembro (238)
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA
Información pública.- Notificación requirimento a Don Javier Ángel Bahamonde Santiso.- Expediente 2019000029387 peche arbustivo en zona de protección da estrada provincial DP 0810 Guiliade a Guísamo. Lugar de San Paio, 21; Guísamo; Bergondo.
Expropiacións.- Anuncio de consignación de depósitos previos e prezos xustos expediente expropiatorio ampliación e mellora de seguridade viaria dp 0402, Ares a Chanteiro, p.q. 3+700 a 4+700 (Ares) (código de obra 2019.1110.0005.0) dp 0402
BOP Lugo 16 de decembro (287)
SECCIÓN DE PROMOCIÓN ECONÓMICA DE EMPREGO
Convocatoria.- Convocatoria e bases formación para o emprendemento e promoción da cultura emprendedora. prende! bota raíces no rural. (Extracto)