A falta de xestión na limpeza das canles de drenaxe da lagoa da Limia por parte da Consellería de Medio Rural está a agravar as enchentes en toda a comarca. Pese ao acordo e ao plan de traballo acordado o pasado mes de setembro entre a Confederación Hidrográfica e a Xunta de Galicia, a realidade é que a primeira empezou aínda hai uns días a abrir as canles nas que ten competencias, mentres que os traballos dos que Medio Rural é responsable están totalmente sen acometer.
Nesta situación, o cereal de inverno que se tiña sementado, -un 25% do total- perdeuse por completo, o que supón unhas perdas de mais de un millón de euros e o asolagamento de unhas 2.000 Ha.
Dado o estado no quedou a terra non vai a ser posible sementar, porque nestas condicións as parcelas non poden ser labradas. Polo que a caída da produción vai afectar á totalidade da zona produtiva e ata abril, cando poida sementarse o cereal de primavera, quedarán sen traballar.