BOP A Coruña 24 de decembro (244)
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA
Concesión definitiva FOENAA/2019.- Concesión definitiva de subvencións correspondentes ao programa FOENAA/2019: Convocatoria do programa de subvencións dirixido a entidades para actividades de promoción económica, durante o ano 2019.
BOP Lugo 24 de decembro (294)
BASE DE DATOS NACIONAL DE SUBVENCIÓNS (BDNS) – DEPUTACIÓN DE LUGO
Convocatoria.- Extracto da convocatoria de bases concorrencia competitiva programa apoio ao sector agrícola e/o gandeiro na provincia de Lugo. identif. 453970 deputación.
Prazo de solicitude: 24 de xaneiro de 2020
Prazo de execución: O prazo máximo de execución da actividade ou comportamento subvencionado será ó 30 xaneiro de 2020. En casos excepcionais, a entidade beneficiaria, poderá solicitar unha ampliación do prazo sempre que a actividade, acción ou comportamento a xustificar non concluirá pola propia natureza da mesma, sendo a súa resolución adoptada pola Presidencia desta Deputación Provincial. A dita ampliación non superará a data de 30 de marzo de2020.
500€/Ha cun límite de 18 Ha (9.000€)
Para poder ser beneficiario da subvención será preciso dispor dunha superficie mínima de 1 Ha para a súa posta en produción, podendo ser nunha única parcela, varias ou parte dunha de maior superficie, pero respectando sempre o mínimo esixido.
Minimis: Límite de 15.000€ en 3 exercicios