UUAA DENUNCIA A INACCIÓN DA XUNTA ANTE A PRAGA DAS RATAS TOUPAS

Fotografarse nas zonas afectadas foi a única “xestión” de Medio Rural

Unións Agrarias denuncia a total inacción por parte da Consellería de Medio Rural para frear a extensión da praga das ratas toupa nos concellos da montaña de Lugo. A organización lamenta que a única “xestión” por parte da Consellería do Medio Rural fose a visita ás zonas afectadas cursada hai unhas semanas polo director xeral de Agricultura, José Balseiros. Así como o feito de que se adíen as solucións co obxectivo de que sexan as xeadas e a neve as que eliminen a sobrepoboación de animais nos prados.

Das solucións anunciadas pola Xunta, como era a roturación das zonas afectadas, nada se soubo ata este momento, polo que a extensión do problema é cada vez maior.

UUAA pide que non se descarte a aplicación mecanismos de axudas similares aos decretados no Principado de Asturias cando no 2017 sufriu un andacio similar de ratas toupa. Naquela ocasión os gandeiros asturianos cobraron 700 euros por hectárea nas pradeiras de sega e 380 euros nas pradeiras de pastoreo.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias