NORMATIVA DO 2 DE XANEIRO DE 2020

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

BOE 2 de xaneiro (2)

III. OTRAS DISPOSICIONES

COMUNIDAD AUTÓNOMA DE GALICIA

Competencias profesionales.- Resolución de 12 de diciembre de 2019, de la Secretaría General Técnica, de la Consejería de Educación, Universidad y Formación Profesional, por la que se publica la convocatoria de acreditación de competencias profesionales adquiridas a través de la experiencia laboral, en la Comunidad Autónoma de Galicia.

DOG 2 de xaneiro (1)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Convocatoria.- Resolución do 20 de novembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento SI434B). (Extracto das axudas) (Extracto das indemnizacións)

Convocatoria.- Resolución do 21 de novembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas de indemnización económica, dirixidas ás fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, así como a mulleres que resultasen gravemente feridas como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento SI460A). (Extracto)

Convocatoria.- Resolución do 13 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se convoca para o ano 2020 a prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero, prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo. (Extracto)

  1. ANUNCIOS

CONCELLO DE MUÍÑOS

Xestión de biomasa.- Anuncio de notificación a titulares coñecidos e descoñecidos para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias