DOG 7 de xaneiro (3)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
Convocatoria.- Orde do 20 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Xuventude de incentivos á contratación e formación de persoas mozas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (Extracto)
Finalidade de axuda: facilitar a inserción laboral das persoas mozas menores de 30 anos desempregadas
Dúas modalidades: a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial e a temporal, cunha duración mínima inicial de doce meses,das persoas desempregadas mozas menores de 30 anos. b) Bono de formación (opcional), dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo. Procedemento: TR349T Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 30/09/2020 Mínimis: Para as empresas do sector agrícola, o límite de minimis redúcese a 20.000 euros durante calquera período de tres exercicios |
Convocatoria.- Orde do 20 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Discapacidade e Exclusión, de incentivos á contratación, formación e emprego con apoio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (Extracto)
Finalidade de axuda: Axudas que favorezan a contratación das persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social na empresa ordinaria e, especialmente, daquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral.
Tres tipos de bonos compatibles: a) Bono de contratación. b) Bono de formación. c) Bono de emprego con apoio Procedemento: TR342A Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 30/09/2020 Mínimis: Para as empresas do sector agrícola, o límite de minimis redúcese a 20.000 euros durante calquera período de tres exercicios |
Convocatoria.- Orde do 20 de novembro de 2019 pola que que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Muller para a contratación por conta allea e a formación das mulleres desempregadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (Extracto)
Finalidade de axuda: Facilitar a inserción laboral das mulleres desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para acceder ou permanecer no mercado de traballo
Dous tipos de axudas compatibles: a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención á contratación indefinida inicial, á contratación temporal cunha duración inicial mínima de 12 meses, á transformación de contratos temporais en indefinidos que deberán ser a tempo completo e, no caso de contratos indefinidos a tempo parcial, será subvencionable o incremento de xornada que deberá acadar a xornada a tempo completo ordinaria ou a establecida no convenio colectivo de aplicación.Bono de formación. b) Bono de formación (opcional) dirixido ás mulleres contratadas por medio desta orde para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo, agás nos casos de incremento da xornada e transformación de contratos temporais a indefinidos. Procedemento: TR350A Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 30/09/2020 Mínimis: Para as empresas do sector agrícola, o límite de minimis redúcese a 20.000 euros durante calquera período de tres exercicios |
Convocatoria.- Orde do 21 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas paradas de longa duración e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (Extracto)
Finalidade de axuda: Favorecer o emprego estable e facilitar a inserción laboral dos parados e paradas de longa duración que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permaneceren no mercado de traballo.
Dous tipos de axudas compatibles: a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial e a temporal cunha duración mínima inicial de doce meses das persoas desempregadas de longa duración. b) Bono de formación (opcional) dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo. Procedemento: TR349R Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 30/09/2020 Mínimis: Para as empresas do sector agrícola, o límite de minimis redúcese a 20.000 euros durante calquera período de tres exercicios |
CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL
Concesións.- .- Resolución do 27 de decembro de 2019 pola que se publica a Resolución do 23 de decembro de 2019 que pon fin ao procedemento de concesión de subvencións destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, ao abeiro da Orde do 6 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado por esta consellería.
INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO
Rehabilitación vivenda.- Resolución do 23 de decembro de 2019 pola que se dá publicidade ao esgotamento de crédito da Resolución do 28 de decembro de 2018 pola que se procedeu á convocatoria pública, para a anualidade 2019, das axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas, con financiamento plurianual.
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
Eólicos.- Resolución do 9 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 5 de decembro de 2019, polo que se aproba definitivamente o proxecto do parque eólico Alto da Croa, modificado como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, así como das disposicións normativas contidas no mencionado proxecto.
Expropiacións.- Resolución do 18 de decembro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT cambio sección FRI808 CT A Igrexa, no concello da Cañiza, do cal resulta beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2017/716-4).
BOP Lugo 7 de xaneiro (4)
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE. AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS
Expropiacións.- Mellora do trazado e capacidade da LU-540 (antiga C-640) Viveiro-Cabreiros. treito: a Gañidoira-Cabreiros
Expropiacións.- Mellora da estrada LU-124 Lindín – A Cruz da Cancela LU-122
Expropiacións.- Proxecto de trazado e construción da obra VAC da Costa Norte: Celeiro-San Cibrao.
Expropiacións.- Proxecto de trazado e construción da estrada LU-710. treito: Baralla (N-VI) ao Cádavo (LU-530).
Expropiacións.- Modificado Nº 1 Adaptación da estrada LU-634. treito: Friol (LU-232) límite de provincia ao plan de baixa imd mellorada.