Normativa do 10 de xaneiro de 2020

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 10 de xaneiro (6)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Convocatoria.- Orde do 5 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-Economía Social) e se convocan para o ano 2020. (Extracto)

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 30 de setembro de 2020, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Código de procedemento: TR802G e TR802J

 

VI. ANUNCIOS

CONCELLO DE CARBALLO

Xestión de biomasa.- Anuncio de notificación a titulares coñecidos e descoñecidos para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas.

CONCELLO CERDEDO-COTOBADE

Normas subsidiarias de planeamento.- Anuncio da aprobación inicial da modificación puntual número 2 das normas subsidiarias do planeamento municipal.

BOP Pontevedra 10 de xaneiro (6)

COMUNIDAD DE REGANTES DA LEVADA DE GARAVITE

Convocatoria.- Segunda reunión para constitución comunidade de regantes levada de garavite.