Normativa do 16 de xaneiro de 2020

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 16 de xaneiro (10)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Organizacións sindicais.- Orde do 19 de decembro de 2019 pola que se regula o réxime de subvencións ás organizacións sindicais e se procede á súa convocatoria para o ano 2020. (Extracto)

Axudas prevención.- Orde do 19 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2020. (Extracto)

Prazo de presentación de solicitudes.- Ata o 17/02/2020

Código de procedemento.- TR852A

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- Anuncio do 17 de decembro de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica a tramitación dun expediente para a posible clasificación do monte Marco, concello de Lugo (expediente 3/2018).

Concentración parcelaria.- Anuncio do 18 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifican varias resolucións como consecuencia de varios recursos de alzada interpostos contra o acordo da zona de concentración parcelaria de Mercurín-Lesta II (Ordes, A Coruña).

BOP Lugo 16 de xaneiro (12)

BARREIROS

Fincas rústicas.- Aprobación prego de condicións que rexerá o arrendamento de fincas rústicas.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias