DOG 22 de xaneiro (14)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
Rede Eusumo.- Orde do 10 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás entidades colaboradoras da Rede Eusumo para realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e a economía social, e se convocan para os anos 2020 e 2021.
(Extracto)
Obxecto: Realizar actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social.
Beneficiarios: Asociacións de entidades de economía social, os concellos de Galicia e as áreas metropolitanas, mancomunidades de municipios e os consorcios locais, as cámaras de comercio, as fundacións e asociacións, e as organizacións profesionais, empresariais e sindicais. Prazo de presentación: Ata o 24/02/2020. Código de procedemento: TR811A |
Convocatoria.- Orde do 17 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de orientación laboral no exercicio 2020. (Extracto)
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 24/02/2020
Código de procedemento: TR331A |
Convocatoria.- Orde do 20 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción e se convocan para o ano 2020.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 24/02/2020 |
AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA
Convocatoria Eficiencia Enerxética.- Resolución do 19 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria para o ano 2020. (Extracto)
Prazo de presentación de solicitudes: Dende o 10/02/2020 ata o 15/05/2020
Código de procedemento: IN421L |
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
Concesións.- Resolución do 13 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade á resolución de concesión das axudas para novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (Galicia Emprende).
VI. ANUNCIOS
AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL
Cesión temporal de predios.- Anuncio do 2 de xaneiro de 2020 polo que se notifican ás persoas interesadas as resolucións de cesión temporal de predios con vocación agraria.
CONCELLO DE RIBADEO
Xestión de biomasa.- Anuncio de notificación a titulares coñecidos e descoñecidos do concello de Ribadeo para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas.
BOP A Coruña 22 de xaneiro (14)
TOURO
Plan contra incendios.- Exposición pública do Plan municipal de prevención e defensa contra incendios forestais do Concello de Touro.
BOP Pontevedra 22 de xaneiro (14)
VIGO
Violencia de Xénero.- Bases do programa de axudas económicas directas para mulleres vítimas de violencia de xénero 2020.