Normativa do 23 de xaneiro de 2020

DOG (Nº 15): Convocatoria de axudas para creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de biomasa (IN421H e IN421I) Convocatoria de axudas para proxectos de enerxías renovables de uso térmico dirixidas a particulares (IN421P) Convocatoria de axudas para proxectos de enerxía solar fotovoltaica dirixidas a particulares (IN421)

DOG 23 de xaneiro (15)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

Subvencións Biomasa.- Resolución do 18 de decembro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de biomasa destinadas a particulares e cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, se anuncia a convocatoria anticipada para o ano 2020 e se procede á selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión destas subvencións (Extracto)

Beneficiarios.- Persoas físicas propietarias de calquera dereito sobre un inmoble de dereito residencial ou as comunidades e mancomunidades de veciños.

Prazo de presentación de solicitudes:

IN421H – Ata o 13/02/2020

IN421I.- Dende o 14/02/2020 ata o 16/03/2020

Código de Procedemento.- IN421H e IN421I

 

Subvencións Enerxías renovables.- Resolución do 18 de decembro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxías renovables de uso térmico dirixidas a particulares, para o ano 2020. (Extracto)

Beneficiarios.- Persoas físicas titulares de calquera dereito sobre un inmoble de dereito residencial ou as comunidades e mancomunidades de veciños

Prazo de presentación de solicitudes.- Dende o 02/03/2020 ata o 01/07/2020

Código de Procedemento.- IN421P

 

Subvencións Enerxía Solar.- Resolución do 18 de decembro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxía solar fotovoltaica dirixidas a particulares, para o ano 2020. (Extracto)

Beneficiarios.- Persoas físicas titulares de calquera dereito sobre un inmoble de dereito residencial ou as comunidades e mancomunidades de veciños

Prazo de presentación de solicitudes.- Dende o 03/03/2020 ata o 01/07/2020

Código de Procedemento.- IN421O

 

Subvencións EECC enerxías renovables.- RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2019 pola que se convoca o procedemento de selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión das subvencións para proxectos de enerxías renovables para uso térmico e para proxectos de enerxía fotovoltaica, destinadas a particulares, para o ano 2020 (código de procedemento IN421N).

Beneficiarios.- Entidades privadas con personalidade xurídica, validamente constituídas, así como os empresarios individuais

Prazo de presentación de solicitudes.- Ata o 30/01/2020

Código de Procedemento.- IN421N

 

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Información pública.- Anuncio do 16 de decembro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia sobre inmobilización de explotación de pequenos ruminantes con código ES320850027801.

CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS

Xestión de biomasa.- Anuncio de notificación a titulares coñecidos e descoñecidos deste concello para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas.

BOP Pontevedra 23 de xaneiro (15)

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE AUGAS DE GALICIA

Información pública.- DH.W36.69035. Solicitude autorización obras para construción de nave para almacén agrícola no lugar de Guimarei, Piñeiro (San Mamede) en Cuntis.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias