DOG 3 de febreiro (22)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Convocatoria.- Resolución do 13 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento SI427A). (Extracto)
Prazo de presentación de solicitudes.- Ata o 03/03/2020
Código de procedemento.-SI427A |
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
Convocatoria.- Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento TR358A). (Extracto)
Convocatoria.- Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono nova oportunidade das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR341T). (Extracto)
Convocatoria.- Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono renova nos negocios das persoas traballadoras autónomas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR341S). (Extracto)
Convocatoria.- Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras, que rexerán as axudas para a conciliación por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR341R). (Extracto)
Convocatoria.- Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa do bono das persoas autónomas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TR341Q). (Extracto)
Convocatoria.- Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento e consolidación do emprego a través do Programa I, para as pequenas empresas de nova creación e do Programa II, de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (códigos de procedemento TR807I e TR340E). (Extracto TR807I) (Extracto TR340E)
Convocatoria.- Orde do 30 de decembro de 2019, pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción de emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e do Programa II, de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (códigos de procedementos TR341D e TR349F). (Extracto TR341D) (Extracto TR349F)
CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL
Convocatoria.- Orde do 31 de decembro de 2019 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2020 (código de procedemento BS212A). (Extracto)
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
Convocatoria.- Resolución do 13 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408A). (Extracto)
INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO
Convocatoria.- Resolución do 19 de decembro de 2019 pola que se convocan para o ano 2020, con financiamento plurianual, as subvencións do Programa do bono de alugueiro social do Plan RehaVIta, Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora de acceso á vivenda 2015-2020 (códigos de procedemento VI482A e VI482B). (Extracto)
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Rexistro vitícola.- Anuncio do 16 de xaneiro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente de inscrición, baixa e/ou modificación/actualización de datos do Rexistro Vitícola de Galicia (expediente MV/32/2019/2102 e dous máis).
BOP A Coruña 3 de febreiro (22)
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA
Bases reguladoras FO028A.- Aprobación das bases reguladoras do programa de subvencións para entidades asociativas agrarias, labregas, gandeiras, forestais e asociacións de cazadores da provincia da Coruña para actividades 2020.
Bases reguladoras FO028B.- Aprobación bases reguladoras do Programa dirixido ás entidades asociativas agrarias, labregas, gandeiras, forestais e asociacións de cazadores da provincia da Coruña para investimentos durante o exercicio 2020.
Bases reguladoras FOENAA.- Aprobación das bases reguladoras do programa dirixido a entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades de promoción económica, durante o ano 2020.
BOP Lugo 3 de febreiro (27)
MINISTERIO DE TRANSPORTES, MOBILIDADE E AXENDA URBANA – ADIF
Expropiacións.- Información pública “proxecto de tratamento de elementos da infraestrutura (pontes, túneles e explanacións) treito Monforte de Lemos-Lugo”
BOP Pontevedra 3 de febreiro (22)
SERVICIO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Expropiacións.- PO/16/101.06. Data para o pago de depósitos previos e a formalización das actas de ocupación da obra proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na PO-307.
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
Convocatoria.- Bases reguladoras do programa “EN RUTA COA DEPO” 2020. (Extracto)