Normativa do 4 de febreiro de 2020

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 4 de febreiro (23)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Violencia de Xénero.- Resolución do 19 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiada en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento SI449B). (Extracto)

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

PXOM.- Orde do 26 de novembro de 2019 de aprobación definitiva da corrección de erros do Plan xeral de ordenación municipal de Láncara.

PXOM.- Orde do 26 de decembro de 2019 de aprobación definitiva da modificación puntual número 3 do Plan xeral de ordenación municipal de Carballo.

Normas subsidiarias de planeamento.- Resolución do 28 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, sobre a aprobación definitiva da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento de Ordes no núcleo de Reboredo.

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

Axudas vivenda.- Resolución do 19 de decembro de 2019 pola que se convocan as subvencións para a adquisición de vivenda xestionadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo para o ano 2020 (códigos de procedemento VI435A e VI400A). (Extracto VI435A) (Extracto VI400A)

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Poxa de madeira.- Corrección de erros. Resolución do 17 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a convocatoria mediante o procedemento aberto con criterio único (prezo) para un alleamento de madeiras na provincia de Lugo.

Poxa de madeira.Corrección de erros. Resolución do 19 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a convocatoria mediante o procedemento aberto con criterio único (prezo) para un alleamento de madeiras na provincia de Pontevedra.

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

Cesión de predios.- Anuncio do 16 de xaneiro de 2020 polo que se notifica a varias persoas interesadas a resolución de cesión temporal de predios con vocación agraria e o requirimento de documentación.

AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS

Expropiacións.- Resolución do 15 de xaneiro de 2020, do Servizo Provincial da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do itinerario peonil na AC-524, puntos quilométricos 0+500-2+000, de clave AC/17/174.06, no concello de Ordes.

INSTITUTO DE ESTUDOS DO TERRITORIO

Información pública.- Anuncio do 17 de xaneiro de 2020 polo que se acorda someter ao procedemento de información pública o Proxecto de orde pola que se leva a cabo a actualización e revisión das áreas de especial interese paisaxístico AEIP-05-03 Canóns do río Miño e AEIP-05-04 Canóns do Sil, co obxecto de fundir as dúas áreas nunha única, denominada AEIP-05-03 Ribeira Sacra.

BOP A Coruña 4 de febreiro (23)

Deputación Provincial da Coruña

Bases reguladoras FOIO0A.- Resolución pola que se dispón avogar a aprobación das bases de subvencións a entidades sen fins de lucro para o desenvolvemento de programas de políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero no ano 2020 e aprobar as ditas bases.

Bases reguladoras FOENIA.- Aprobación bases reguladoras programa FOENIA 2020, dirixido a entidades sen ánimo de lucro da provincia da Coruña para investimentos de promoción económica, durante o ano 2020.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias