DOG 12 de febreiro (29)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Convocatoria.- Orde do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria, para os anos 2020 e 2021, das axudas a investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos agroambientais e climáticos no ámbito dos parques naturais de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020. (Extracto)
Beneficiarios.- Titulares de terreos agrícolas e forestais privados, preferiblemente residentes en zonas rurais situadas dentro do parque natural, ou xestores de terras que realicen investimentos non produtivos necesarios para alcanzar os compromisos adquiridos baixo programas agroambientais ou outros obxectivos ambientais na Rede Natura 2000, ou aqueles que realicen investimentos nunha explotación que reforce o carácter de utilidade pública dunha zona Natura 2000 ou outras áreas de alto valor natural.
Prazo de presentación de solicitudes.- Ata o 12/03/2020 Procredemento.- MT819A |
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Concesións.- Resolución do 28 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 12 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas especializadas en produción vexetal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento MR419A).
Concesións.- Resolución do 31 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 16 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (códigos de procedemento MR405A, MR404A e MR405B).
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
Requerimentos de emenda.- Resolución do 4 de febreiro de 2020 pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda das axudas para novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (Galicia Emprende).
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Poxa madeira.- Resolución do 30 de xaneiro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se modifica a Resolución do 19 de decembro de 2019 pola que se fai pública a convocatoria, mediante o procedemento aberto con criterio único (prezo), para o alleamento de madeiras na provincia de Pontevedra.
AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS
Expropiacións.- Anuncio do 21 de xaneiro de 2020 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción da reurbanización da travesía de Outes, segunda fase, de clave AC/19/037.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto de referencia.
Expropiacións.- Anuncio do 28 de xaneiro de 2020, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se notifica o procedemento de expropiación forzosa polas obras do proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na PO-313, treito Coiradas-Pardavila, puntos quilométricos 1+380-3+330, de clave PO/16/266.06, no concello de Marín.
BOP A Coruña 12 de febreiro (29)
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA
Bases reguladoras DP0025.- Programa de axudas a entidades sen fins de lucro para o cofinanciamento de proxectos de actividades no ámbito da axuda ao desenvolvemento durante o 2020.
Bases reguladoras DP0026.- Axudas para o cofinanciamento de proxectos de investimentos no ámbito da axuda ao desenvolvemento.
Bases reguladoras DP0031.- Programa de axudas a entidades privadas sen ánimo de lucro para o cofinanciamento de proxectos de actividades no ámbito do medio ambiente no 2020.
Bases reguladoras DP0036.- Programa de axudas a entidades privadas sen ánimo de lucro para o cofinanciamento de proxectos de investimentos no ámbito do medio ambiente no 2020.
Bases reguladoras PEL.- Bases reguladoras das axudas do Plan de emprego local (PEL) 2020.
Convocatoria FO203.- Extracto da Resolución nº 2020/4340, de 5 de febreiro da Presidencia da Deputación da Coruña, pola que se aproba a convocatoria do “Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para realizar actividades culturais durante o ano 2020” (FO203/2020).
Prazo de presentación de solicitudes.- Ata as 14:00 horas do día 6 de marzo de 2020.
Convocatoria FOIO0A.- Extracto da resolución 4314, de 5 de febreiro de 2020, pola que se aproba a convocatoria do “Programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o desenvolvemento de programas de políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero no ano 2020”
Prazo de presentación de solicitudes.- Ata as 14:00 horas do día 13 de marzo de 2020.