Normativa do 14 de febreiro de 2020

DOG (Nº 31): Axudas a investimentos non produtivos vinculadas á realización de obxectivos agroambientais e climáticos en concellos incluídos na Rede Natura 2000. (MT814A) BOP A Coruña (Nº 31): “Programa de subvencións dirixido a entidades asociativas agrarias, labregas, gandeiras, forestais e asociacións de cazadores da provincia de A Coruña para a realización de investimentos durante o ano 2020” “Programa de subvencións dirixido a entidades sen ánimo de lucro da provincia da Coruña para a realización de inversións de promoción económica durante o ano 2020”

DOUE 14 de febreiro

LEGISLACIÓN (L42)

DECISIONES

Fondos FEAGA y FEADER.- Decisión de ejecución (UE) 2020/201 de la comisión de 12 de febrero de 2020 por la que se excluyen de la financiación de la Unión Europea determinados gastos efectuados por los Estados miembros con cargo al Fondo Europeo Agrícola de Garantía (FEAGA) y al Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (Feader)

DOG 14 de febreiro (31)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FACENDA

Orzamentos.- Resolución do 15 de xaneiro de 2020 pola que se publica o estado de execución do orzamento da Comunidade Autónoma e as súas modificacións e a situación da tesouraría e movementos por operacións orzamentarias e extraorzamentarias correspondentes ao terceiro trimestre de 2019.

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Convocatoria.- Orde do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2020 e 2021 das axudas a investimentos non produtivos vinculadas á realización de obxectivos agroambientais e climáticos en concellos incluídos na Rede Natura 2000, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020. (Extracto)

Prazo de presentación de solicitudes.- Ata o 16/03/2020

Código de procedemento.- MT814A

PXOM.- Orde do 5 de febreiro de 2020 de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Ares.

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Esgotamento de crédito.- Resolución do 3 de febreiro de 2020, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade do esgotamento de crédito do Programa I da Orde do 21 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción do emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e do Programa II de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (Diario Oficial de Galicia número 18, do 25 de xaneiro de 2019).

Esgotamento de crédito.- Resolución do 3 de febreiro de 2020, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade do esgotamento de crédito da Orde do 19 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento TR341Q) (Diario Oficial de Galicia número 124, do 2 de xullo).

Esgotamento de crédito.- Resolución do 6 de febreiro de 2020, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o esgotamento de crédito orzamentario da Orde do 3 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Muller para a contratación por conta allea, cofinanciada polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e a formación das mulleres desempregadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento TR350A) (Diario Oficial de Galicia número 79, do 25 de abril).

Esgotamento de crédito.- Resolución do 6 de febreiro de 2020, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o esgotamento de crédito orzamentario da Orde do 26 de marzo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Xuventude de incentivos á contratación e a formación de persoas mozas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (Diario Oficial de Galicia número 69, do 9 de abril).

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Normas subsidiarias de planeamento.- Anuncio do 28 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento para delimitación de núcleo rural no concello de Parada de Sil (expediente 2019AAE2388; código 2254/2019).

PXOM.- Anuncio do 28 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal para a delimitación do solo de núcleo rural de Vilar, no concello de Esgos (expediente 2019AAE2383; código 2249/2019).

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Eólicos.- Acordo do 3 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico singular da Pobra do Caramiñal (expediente IN661A 18/04) e da liña eléctrica de evacuación dos parques eólicos da Barbanza (expediente IN407A 48/2011), nos concellos da Pobra do Caramiñal, Porto do Son e Ribeira (A Coruña).

AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS

Expropiacións.- Anuncio do 30 de xaneiro de 2020 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción da senda na AC-424, puntos quilométricos (pp.qq.) 1+150-1+400 (O Couto), de clave AC/19/073.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto de referencia.

Expropiacións.- Anuncio do 30 de xaneiro de 2020 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción de fomento da mobilidade sustentable, senda na OU-536, treitos As Vendas (puntos quilométricos 11+890-12+810) e Santa Baia (puntos quilométricos 9+100-11+120), de clave OU/16/274.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

 

BOP A Coruña 14 de febreiro (31)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

Convocatoria FO028B.- Extracto da Resolución número 2020/4335 de 5 de febreiro de 2020, da Presidencia da Diputación de A Coruña, pola que se aproba a convocatoria do “programa de subvencións dirixido a entidades asociativas agrarias, labregas, gandeiras, forestais e asociacións de cazadores da provincia de A Coruña para a realización de investimentos durante o ano 2020”

Prazo de presentación de solicitudes.- Ata as 14:00 horas do día 10 de marzo de 2020

Convocatoria FOENIA.- Extracto da Resolución número 2020/4338 de 5 de febreiro de 2020, da Presidencia da Deputación da Coruña, pola que se aproba a convocatoria do “programa de subvencións dirixido a entidades sen ánimo de lucro da provincia da Coruña para a realización de inversións de promoción económica durante o ano 2020”

Prazo de presentación de solicitudes.- Ata as 14:00 horas do día 10 de marzo de 2020

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias