Normativa do 17 de febreiro de 2020

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 17 de febreiro (32)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Convocatoria.- Orde do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2020 das axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na Rede de reservas da biosfera de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020. (Extracto) (código de procedemento MT724A).

Entidades beneficiarias.- Todos os concellos incluídos no ámbito territorial de calquera das reservas da biosfera de Galicia.

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Convocatoria.- Orde do 26 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas destinadas á realización de poxas de gando bovino selecto e se convocan para o ano 2020. (Extracto) (código de procedemento MR562A). (Extracto)

Entidades beneficiarias.- Os concellos de Galicia que organicen poxas de gando selecto.

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Información pública.- Anuncio do 29 de xaneiro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública o proxecto de ordenación forestal da Sofor Santa Juliana, S.L. (código PO-00011150H) e o seu estudo de impacto ambiental ordinario.

AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS

Expropiacións.- Anuncio do 31 de xaneiro de 2020, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se notifica o procedemento de expropiación forzosa polas obras do proxecto de construción fomento da mobilidade sustentable: senda na PO-225, treito Alba-San Caetano, puntos quilométricos 0+000-1+080, de clave PO/16/264.06, no concello de Pontevedra.

XURADO DE EXPROPIACIÓN DE GALICIA

Prezo xusto.- Cédula do 22 de xaneiro de 2020 pola que se notifica o Acordo do 24 de outubro de 2019 que fixa o prezo xusto do predio número 226, sito en Vimianzo, relativo ao proxecto 01544 (expediente 2019/000708).(Vimianzo)

Prezo xusto.- Cédula do 22 de xaneiro de 2020 pola que se notifican os acordos que fixan o prezo xusto de varios predios (expediente 2019000738 e dous máis). (Cabana de Bergantiños)

Prezo xusto.- Cédula do 22 de xaneiro de 2020 pola que se notifican os acordos que fixan o prezo xusto de varios predios (expediente 2019000713 e dous máis). (Coristanco)

Prezo xusto.- Cédula do 23 de xaneiro de 2020 pola que se notifica o Acordo do 24 de outubro de 2019 que fixa o prezo xusto do predio número 728 Co, sito en Cabana de Bergantiños, relativo ao proxecto 01616 (expediente 2019/000755).

 

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias