DOG 18 de febreiro (33)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
Convocatoria.- Orde do 11 de febreiro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras do Programa do bono nova oportunidade das persoas autónomas, e se procede a súa convocatoria para o ano 2020, e se deixa sen efecto a Orde do 30 de decembro de 2019, relativa ao mesmo programa. (Extracto)
Prazo de presentación de solicitudes.- Ata o 30/09/2020
Código de procedemento.- TR341T |
CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL
Convocatoria.- Orde do 20 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2020, 2021, 2022 e 2023. (Extracto) (código de procedemento BS403C).
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Convocatoria axudas sacrificio obrigatorio.- Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas de compensacións complementarias e axudas para a reposición dos animais en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún, como consecuencia do sacrificio obrigatorio de gando en execución de programas oficiais de erradicación de enfermidades, e se convocan para o ano 2020 (códigos de procedemento). (Extracto)
Prazo de presentación de solicitudes.- Ata o 30/11/2020. |
PAC.- Orde do 12 de febreiro de 2020 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control. (Extracto) (códigos de procedemento MR239O e MR239G).
Prazo Solicitude: Dende o 1/02/2020 ata o 30/04/2020, ambos incluídos.
Cesión de dereitos: Ata o 31/05/2020 Modificación das solicitudes: Ata o 31/05/2020 Solicitude de dereitos de pagamento básico da Reserva Nacional: Ata o 30/04/2020. Alegacións e solicitudes de modificación do Sixpac: Ata o 31/05/2020 |
Concesións investimentos produtos vitivinícolas.- Resolución do 4 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se lle dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 20 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas para o período 2019-2023, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2019.
Concesións axudas promoción sector vitivinícola.- Resolución do 4 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se lle dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 12 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países e se convocan para o ano 2019.
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Eólicos.- Anuncio do 4 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto da liña de alta tensión a 66/220 kV desde a subestación do parque eólico Pico Touriñán ata a subestación de Tivo, concellos de Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, A Estrada, Moraña, Portas e Caldas de Reis (Pontevedra) (clave do expediente 2012/0001).
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Concentración parcelaria.- Anuncio do 3 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se publica a resolución pola que se modifican diversos predios de substitución da zona de concentración de Cobas-Esmelle-Marmancón e Mandía (Ferrol-A Coruña) como consecuencia da revisión cartográfica e documental do acordo da dita zona.
CONCELLO DE LOURENZÁ
Delimitación núcleo rural.- Anuncio da modificación puntual número 7 do planeamento municipal para a delimitación do núcleo rural do Bordón.
BOP A Coruña 18 de febreiro (33)
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA
Modificación bases FO223.– Modificación das bases do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o apoio ao desenvolvemento de festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas na provincia da coruña durante o ano 2020.
BOP Lugo 18 de febreiro (40)
BASE DE DATOS NACIONAL DE SUBVENCIONES (BDNS) – MONFORTE DE LEMOS
Eficiencia enerxética.- Extracto da convocatoria en concorrencia non competitiva de axudas para mellorar a eficiencia enerxética en fogares 2020.
BOP Ourense 18 de febreiro (40)
DELEGACIÓN DE ECONOMÍA E FACENDA DE OURENSE
Poxa predios.- Resolución da Delegación de Economía e Facenda en Ourense pola que se convoca o alleamento en poxa pública de 20 lotes de predios propiedade da Administración xeral do Estado. (Páx. 2)