A CAÍDA DO ORZAMENTO DA PAC COMPROMETE A SÚA OPERATIVA

A UE non pode esixir melloras ambientais na produción dando menos axudas

Santiago, 20 de febreiro de 2020.- O cumio extraordinario da Unión Europea que está a ter lugar en Bruxelas, pode marcar o desmantelamento da única política común europea que queda en pé e un punto de non retorno para moitas das explotacións agrogandeiras galegas.

A actitude do Consello Europeo vai totalmente a contra do aprobado polo Parlamento Europeo que se manifestou a favor dunha transición a modelos de produción mais verdes e sustentables. Neste contexto deberán ser os presidente dos gobernos membros os que expliquen aos cidadáns e cidadás que estas medidas non poderán ser aplicables polo posición tomada.

A caída no orzamento da PAC dun 10% no primeiro pilar (axudas directas) e un 25% no segundo (fondos para desenvolvemento rural), vai a supoñer en Galicia a perda de toda posibilidade de loita contra o despoboamento e a renovación xeracional na titularidade das explotacións. Unha realidade so pode traer mais abandono da actividade agraria, lumes forestais catastróficos e desertización demográfica.

Unións Agrarias esixe as administracións unha defensa frontal das axudas porque dificilmente se pode acceder a unha xestión do territorio e a unha produción mais ecolóxica e con mellores cotas de benestar animal, se ao mesmo tempo se recortan o fondos para poder realizar dita transición.

Desde a organización resáltase que hai que buscar novos mecanismos para acadar os retos ambientais que se pretenden, xa sexa vía novos impostos ou unha nova redistribución do PIB que os países membros destinan a PAC.

Os produtores galegos non van a poder acometer as reconversións nos modelos de actividade que se ven no horizonte, sen as ferramentas normativas que equilibren a cadea de valor e a formación de prezos e moito menos se a Comisión destina os fondos agrarios a protección de fronteiras ou a outros capítulos de gasto.

Para Unións Agrarias resulta especialmente indignante o anuncio deste tipo de recortes nun momento no que o mundo rural está en loita pola supervivencia do modelo agrícola familiar como mellor garantía dunha produción saudable, de cercanía e chave no mantemento do territorio.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias