DOG 20 de febreiro (35)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN
Convocatoria.- Resolución do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a creación e posta en marcha de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificadas na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN853A). (Extracto)
Convocatoria.- Resolución do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a consolidación de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN853B). (Extracto)
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
CMVMC.- Anuncio do 4 de febreiro de 2020, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica a tramitación dun expediente para a posible clasificación do monte Benade-ampliación, nos concellos de Lugo e Outeiro de Rei (expediente 3/2019).
Concentración parcelaria.- Anuncio do 4 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza a varios propietarios da zona de concentración parcelaria de San Salvador de Barbeito (Vilasantar-A Coruña), para seren notificados por comparecencia do acordo de reestruturación.
AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS
Expropiacións.- Resolución do 21 de xaneiro de 2020, do Servizo Provincial de Pontevedra, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020 de mellora da seguridade viaria (MSV) no contorno de treitos de concentración de accidentes na estrada PO-551, puntos quilométricos 7+800 a 8+800, de clave PO/17/141.06, nos concellos de Marín e Bueu.
BOP A Coruña 20 de febreiro (35)
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA
Convocatoria PEL PEMES 3.1.- Extracto da Resolución número 2020/5173, de 13 de febreiro de 2020, da Presidencia da Deputación da Coruña, pola que se aproba a convocatoria da liña de axudas 3.1.-PEL Pemes Creación Ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas do Plan de Emplego Local 2020 (PEL 2020).
Prazo de presentación de solicitudes.- Ata as 14.00 horas do 24 de marzo de 2020.
Convocatoria PEL PEMES 3.2.- Extracto da Resolución número 2020/5172, de 13 de febreiro de 2020, da Presidencia da Deputación da Coruña, pola que se aproba a convocatoria da liña de axudas 3.2.-PEL Pemes Mantemento do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas do Plan de Emprego Local 2020 (PEL 2020).
Prazo de presentación de solicitudes.- Ata as 14.00 horas do 24 de marzo de 2020.
BOP Lugo 20 de febreiro (42)
VILALBA
Subvencións vivenda.- Bases e convocatoria para a concesión de subvencións de edificios e vivendas na área de rehabilitación integral.