Normativa do 21 de febreiro de 2020

DOG (Nº 36): Convocatoria de axudas para a innovación, a dixitalización e a implantación de novas fórmulas de comercialización e expansión do sector comercial e artesanal. Convocatoria de subvencións para actuacións en materia de ecoinnovación comercial.

DOG 21 de febreiro (36)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Violencia de xénero.- Resolución do 11 de febreiro de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se fai público o esgotamento do crédito para as subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas ao fomento da contratación de mulleres que sofren violencia de xénero no ámbito de colaboración coas entidades locais galegas, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Convocatoria.- Orde do 30 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a innovación, a dixitalización e a implantación de novas fórmulas de comercialización e expansión do sector comercial e artesanal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020. (Extracto)

Prazo de presentación de solicitudes.- Ata o 23/03/2020

Procedemento.- CO300C

Convocatoria.- Orde do 30 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para actuacións en materia de ecoinnovación comercial e se procede á súa convocatoria para o ano 2020. (Extracto)

Prazo de presentación de solicitudes.- Ata o 23/03/2020

Procedemento.- CO300D

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Modificación orzamentaria.- Resolución do 17 de febreiro de 2020 pola que se modifican os créditos orzamentarios da Resolución do 19 de maio de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva. (Extracto)

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

Reserva de solo.- Resolución do 13 de febreiro de 2020 pola que se publican as porcentaxes de reserva de solo para vivenda protexida correspondentes ao ano 2020.

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Concentración parcelaria.- Anuncio do 4 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza un propietario da zona de concentración parcelaria de San Salvador de Barbeito (Vilasantar-A Coruña).

Concentración parcelaria.- Anuncio do 4 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se citan, para seren notificados por comparecencia, varios propietarios da zona de concentración parcelaria de San Vicenzo de Curtis (Vilasantar-A Coruña), do acordo de concentración da dita zona.

AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS

Expropiacións.- Anuncio do 6 de febreiro de 2020 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción Primeira fase da prolongación da autovía da Costa da Morte. Treito Santa Irena-AC-432, de clave AC/16/219.01, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados.

CONCELLO DE CULLEREDO

Xestión de biomasa.- Anuncio de xestión da biomasa UME/2018/194.

 

BOP Pontevedra 21 de febreiro (36)

ESTRADA, A

Información pública.- Solicitude de autorización para traballar unha masa común da z.c.p. de Remesar.

CONSELLO REGULADOR DA DENOMINACIÓN DE ORIXE RÍAS BAIXAS

Baixa viticultor.- Proposta de baixa de viticultor por aplicación do artigo 10.5.

COMUNIDADE DE REGANTES DE ALZA

Asamblea.- Convocatoria asemblea de constitución da comunidade de regantes de Alza.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias