Normativa do 24 de febreiro de 2020

DOG (Nº 37): Plans de Mellora: "Advertidos erros na Orde do 30 de decembro de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 18, do 28 de xaneiro de 2020, cómpre facer as oportunas correccións" nas páxinas 5333 e 5334.

BOE 24 de febreiro (47)

V. ANUNCIOS

MINISTERIO DE TRANSPORTES, MOVILIDAD Y AGENDA URBANA

Expropiaciones.- Resolución de la Secretaría General de Infraestructuras por la que se abre Información Pública correspondiente al Expediente de Expropiación Forzosa 205ADIF2098 motivado por las obras del Proyecto de Tratamiento de Elementos de la Infraestructura (Puentes y Explanaciones) entre los PP.KK. 396+299 al 405+100 y 413+517 al 432+265 del Tramo Monforte-Lugo de la Línea 800, en los términos municipales de Sarria, Láncara, O Corgo y Lugo (Lugo).

 

DOG 24 de febreiro (37)

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Plan de ordenación.- Decreto 24/2020, do 9 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 274/2001, do 27 de setembro, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do Parque Natural do Monte Aloia e polo que se aproba o II Plan reitor de uso e xestión do Parque Natural do Monte Aloia.

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Convocatoria.- Resolución do 6 de febreiro de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca para o ano 2020 o programa de axudas para a concesión das estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas (código de procedemento SI447A). (Extracto)

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Modificación Aprol Rural.- Orde do 18 de febreiro de 2020 pola que se modifica a Orde do 20 de decembro de 2019, pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural) e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2020.

Esgotamento de crédito.- Corrección de erros. Resolución do 3 de febreiro de 2020, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade do esgotamento de crédito do Programa I da Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I de axudas á promoción do emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e do Programa II de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (Diario Oficial de Galicia número 18, do 25 de xaneiro de 2019).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Plans de mellora.- Corrección de erros. Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (códigos de procedemento MR404A, MR405A e MR405B).

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Convocatoria.- Resolución do 4 de febreiro de 2020 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a redución do impacto Brexit nas empresas galegas con interese no mercado do Reino Unido (Cheque Brexit), e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG623A). (Extracto)

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Explotación porcina.- Anuncio do 15 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Xunqueira, S.C., para unha granxa de porcos de ceba (expediente 2019-IPPC-M-158).

BOP A Coruña 24 de febreiro (37)

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

Expropiacións.- Pago de mutuo acordo por expropiacións con clave N/AC/95.3 na Casa Consistorial do Concello de Rois para as obras do Proxecto de trazado da nova estrada de conexión da N-550 e a AC-301 en Padrón, o día 9 de marzo de 2020.

Expropiacións.- Pago de xuros de demora por expropiacións con clave AC/10/219.06 na Casa Consistorial do Concello de Vilarmaior para as obras do Proxecto de construción da mellora da intersección no P.Q.3+530 na estrada AC-151, o día 6 de marzo de 2020.

BOP Ourense 24 de febreiro (44)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

Convocatoria.- Bases reguladoras da convocatoria de subvencións para gastos de funcionamento das federacións ou agrupacións de asociacións veciñais de Ourense correspondentes ao exercicio 2020. (Páx. 2)

BOP Pontevedra 24 de febreiro (37)

CONSEJO REGULADOR DE LA DENOMINACIÓN DE ORIGEN RÍAS BAIXAS

Baixa bodega.- Proposta de baixa bodega por vulneración artigo 18 do reglamento Rías Baixas.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias