Normativa do 27 de febreiro de 2020

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 27 de febreiro (39)

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Sede electrónica.- Decreto 25/2020, do 13 de febreiro, polo que se regula a ampliación dos prazos de presentación de solicitudes, recursos administrativos, escritos, comunicacións e documentos no caso de determinadas incidencias técnicas que imposibiliten o funcionamento ordinario da sede electrónica da Xunta de Galicia.

II. AUTORIDADES E PERSOAL

PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

Cesamento CES.- Decreto 26/2020, do 17 de febreiro, polo que se dispón o cesamento de membros do Consello Económico e Social de Galicia.

Nomeamento CES.- Decreto 27/2020, do 17 de febreiro, polo que se nomean membros do Consello Económico e Social de Galicia.

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

FONDO GALEGO DE GARANTÍA AGRARIA

Alegacións Sixpac.- RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2020 pola que se notifican as resolucións das solicitudes de modificación do Sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas (Sixpac) da campaña 2019.

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Eólicos.- Resolución do 26 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se dá publicidade á declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 10 de maio de 2016, relativa ao proxecto do parque eólico O Barbanza, no concello de Boiro, promovido por Norvento, S.L.

Eólicos.- Resolución do 24 de novembro de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se dá publicidade á declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 28 de outubro de 2016, relativa ao proxecto do parque eólico Salgueiras, no concello de Ponteceso, promovido por Norvento, S.L.

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Concentración parcelaria.- Anuncio do 10 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican a varias persoas interesadas trámites de audiencia en relación coa zona de concentración parcelaria de Norte de Mondoñedo (Mondoñedo-Lugo).

CMVMC.- Anuncio do 11 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, sobre o inicio do procedemento de deslindamento parcial con predios particulares do monte veciñal en man común de Abanqueiro, pertencente á comunidade de San Cristovo de Abanqueiro, do concello de Boiro.

 

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias