Charla sobre produccións avícolas en Silleda

O pasado venres volvemos convocar aos titulares de granxas avícolas do Deza para falar dos problemas que afectan a estas explotacións. Foi en Silleda, onde ademais de escoitar as preocupacións e inquedanzas dos produtores abordamos as novidades que se introducen coa aprobación do novo Real Decreto aprobado polo Consello de Ministros para tentar garantir prezos xustos a agricultores e gandeiros.

Igual que o leite ou o aceite, o polo é un dos produtos que grandes superficies e cadeas de distribución adoitan empregar como reclamo nas súas estratexias comerciais. Unhas prácticas que, a partir de agora, contarán con novas restriccións debido ás modificacións da Lei de Cadea Alimentaria aprobadas polo goberno central; que fixa unhas pautas segundo as cales ningún produtor poderá percibir prezos que non cubran os seus custos de produción.

No que se refire aos custos de produción que afectan ao sector avícola, o encontro permitiu constatar a problemática asociada ao seguro de retirada de animais mortos. Un seguro que neste momento supón un lastre importante para as granxas, tras ter incrementado o seu prezo. Unha situación que previsiblemente levará a moitas explotacións a renunciar a esa cobertura.

 

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias