Normativa do 2 de marzo de 2020

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 2 de marzo (41)

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Aproveitamentos Forestais.- Orde do 20 de febreiro de 2020 pola que se desenvolve a tramitación electrónica dos alleamentos dos aproveitamentos forestais nos montes xestionados pola Comunidade Autónoma de Galicia regulados polo Decreto 244/1998, do 24 de xullo (código de procedemento MR612A).

I. AUTORIDADES E PERSOAL

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Cesamento.- Decreto 40/2020, do 27 de febreiro, polo que se dispón que cese Silvestre José Balseiros Guinarte como director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.

Cesamento.- Decreto 41/2020, do 27 de febreiro, polo que se dispón que cese Silvestre José Balseiros Guinarte como director xeral do Fondo Galego de Garantía Agraria.

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

PXOM.- Resolución do 19 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo 4206/2019, interposto contra a Orde do 5 de xuño de 2019 de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal, na rúa Camiño de Monelos, no concello da Baña.

Cambio de uso.- Anuncio do 14 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de cambio de uso de forestal a agrícola en varias parcelas na parroquia de Córneas, no concello de Baleira (expediente 2017/0250).

Explotación avícola.- Anuncio do 14 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de ampliación de explotación avícola de recría de galiñas poñedoras para 60.165 aves na parroquia de Garabelos do Bouzo, no concello de Baltar (expediente 2017/0191).

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Expropiacións.- Acordo do 24 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Vimianzo (expediente IN407A 2019/84-1).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- Edicto do 5 de febreiro de 2020, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Ampliación de Costa da Gándara a favor dos/das veciños/as de Casardeita, na parroquia de Macendo (Santa María), no concello de Castrelo de Miño.

CMVMC.- Edicto do 5 de febreiro de 2020, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado ampliación do monte Chan da Ponte, a favor dos veciños da parroquia de Desteriz, no concello de Padrenda.

CMVMC.- Edicto do 5 de febreiro de 2020, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado De Albín a favor dos veciños de Albín, no concello de Castrelo de Miño.

CMVMC.- Edicto do 13 de febreiro de 2020, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 12 de febreiro de 2020 relativa á revisión parcial do esbozo do monte veciñal en man común Portela, Rabazal, Ouzal, Currás, Veiga e Outeiro das Pereiras, no concello de Bande.

Concentración parcelaria.- Anuncio do 14 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se citan para ser notificados por comparecencia varios afectados pola revisión gráfica e documental da zona de concentración parcelaria de Outes-Valadares (Outes-A Coruña).

AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS

Expropiacións.- Anuncio do 18 de febreiro de 2020 polo que se fai pública a resolución pola que se aproba o expediente de información pública e o proxecto de construción de actuacións no Camiño Portugués en Santiago de Compostela, treito rúa Escurrida-Ponte Vella (clave AC/18/024.06).

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

Xestión de biomasa.- Anuncio de notificación de orde de execución ao titular do predio con referencia catastral 32076A067002110000UP.

Xestión de biomasa.- Anuncio de notificación de orde de execución á titular do predio con referencia catastral 32076A056004330000UL.

 

BOP A Coruña 2 de marzo (41)

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

Expropiacións.- Pago de xuros de demora por expropiacións con claves de obra N/AC/91.3.3.2 e AC/03/008.01.1 na Casa consistorial do concello de A Baña o día 30/03/2020.

Expropiacións.- Pago de xuros de demora por expropiacións con clave de obra AC/03/038.01 na Casa consistorial do concello de Fisterra o día 23/03/2020.

Expropiacións.- Pago de xuros de demora por expropiacións con clave de obra AC/05/037.06 no Concello de Frades o día 2.4.2020.

Expropiacións.- Pago de xuros de xuros de demora por expropiacións con clave de obra AC/03/012.01.1.06 no Concello de Ponteceso o día 1.4.2020.

BOP Pontevedra 2 de marzo (42)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL

Convocatoria.- Convocatoria e bases de subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para actuacións no ámbito social. (Extracto)

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias