DOG 3 de marzo (42)
I. DISPOSICIÓNS XERAIS
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE
Augas de Galicia.- Decreto 42/2020, do 30 de xaneiro, polo que se modifican determinadas disposicións vixentes en materia de augas.
Modelo AU113C.- Orde do 18 de febreiro de 2020 pola que se aproba o modelo de declaración responsable para realización de actuacións menores de mantemento e conservación no dominio público hidráulico e zona de policía (código de procedemento AU113C).
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN
Concesións Horizon 2020.- Resolución do 17 de febreiro de 2020 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da convocatoria para o ano 2019 de subvencións para o fomento da participación galega no Programa marco de investigación e innovación da Unión Europea (Horizon 2020), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (códigos de procedemento IN607F, IN607G e IN607H).
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
Convocatoria Competencias profesionais.- Resolución do 19 de febreiro de 2020 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do Programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG414A). (Extracto)
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Núcleo rural.- Anuncio do 14 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da delimitación do solo de núcleo rural do Mosteiro, na parroquia de Donas, no concello de Gondomar (expediente 2019AAE2400; código 2262/2019).
Núcleo rural.- Anuncio do 14 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da delimitación de solo de núcleo rural común de Vilasión, no concello de Antas de Ulla (expediente 2019AAE2316; código 2263/2019).
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
CMVMC.- Edicto do 5 de febreiro de 2020, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Barazal de Esposende a favor dos veciños da parroquia de Esposende (Santa Mariña), no concello de Cenlle.
CMVMC.- Edicto do 5 de febreiro de 2020, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Do Agro de Quinta, a favor dos veciños/as do Agro de Quinta, na parroquia de Amarante, no concello de Maside.
Concentración parcelaria.- Anuncio do 31 de xaneiro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a Resolución do 17 de outubro de 2019 de conversión gráfica dos datos alfanuméricos das leiras, ditada polo director xeral de Desenvolvemento Rural, en relación co expediente da zona de concentración parcelaria de San Millao (Cualedro-Ourense).
CMVMC.- Anuncio do 13 de febreiro de 2020, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución de 12 de febreiro de 2020 relativa ao acto de conciliación formulada polos representantes dos montes veciñais en man común Veiga de Lomear, Veiga, Gralleira e Fachado e Veiga de Arriba e Veiga de Abaixo, no concello de Calvos de Randín.
CMVMC.- Anuncio do 17 de febreiro de 2020, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica a tramitación dun expediente para a posible clasificación do monte Penas (ampliación), concello de Monterroso (expediente 2/2018).
AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS
Expropiacións.- Anuncio do 12 de febreiro de 2020 polo que se fai pública a resolución pola que se aproba o expediente de información pública e o proxecto de construción de reformulación do proxecto de acondicionamento da estrada AC-566, treito Valdoviño-Cedeira, de clave AC/18/040.10.
Expropiacións.- Anuncio do 24 de febreiro de 2020, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se notifican o pagamento de depósitos previos e a formalización das actas de ocupación ao non poderse efectuar as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a obra coa clave PO/16/101.06.
CONCELLO DE SANDIÁS
Xestión de biomasa.- Anuncio de notificación ás persoas responsables de xestión da biomasa.