DOG 6 de marzo (45)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA
Redistribución orzamentaria.- Resolución do 2 de marzo de 2020 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidos na Resolución do 19 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria para o ano 2020 (código de procedemento IN421L).
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Explotación porcina.- Anuncio do 22 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada á Granxa Xesteira, S.L., para unha granxa de porcas reprodutoras (expediente 2019-IPPC-M-150).
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
CMVMC.– Edicto do 5 de febreiro de 2020, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Pereiro a favor dos/das veciños/as de Santa Comba, na parroquia de Santa Comba (San Trocado), no concello de Bande (Ourense).
AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS
Expropiacións.- Anuncio do 24 de febreiro de 2020, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se notifica o levantamento de actas previas á ocupación ao non poder efectuarse as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a obra coa clave PO/17/146.06.
Expropiacións.- Anuncio do 20 de febreiro de 2020 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción de mellora da capacidade do enlace da vía de altas prestacións (VAP) AG-41 coa PO-504 en Sanxenxo, de clave PO/18/119.01, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.
CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS
Xestión de biomasa.- Anuncio de notificación de orde de execución á titular do predio con referencia catastral 8422502NG9882S0001UG.