Normativa do 10 de marzo de 2020

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOUE 10 de marzo

COMUNICACIONES E INFORMACIONES (C79)

RESOLUCIONES

Pacto Verde.- Resolución del Comité Europeo de las Regiones — El Pacto Verde en colaboración con los entes locales y regionales.

COMUNICACIONES E INFORMACIONES (C80)

Catálogo común de variedades de especies de plantas agrícolas.- Suplemento 2020/2.

Catálogo común de variedades de especies de plantas hortícolas.- Suplemento 2020/2.

BOE 10 de marzo (60)

III. OTRAS DISPOSICIONES

MINISTERIO PARA LA TRANSICIÓN ECOLÓGICA Y EL RETO DEMOGRÁFICO

Impacto ambiental.- Resolución de 26 de febrero de 2020, de la Dirección General de Calidad y Evaluación Ambiental, por la que se formula informe de impacto ambiental del proyecto “Autovía A-54 Santiago-Lugo tramo: enlace de Melide (Sur)-enlace de Palas de Rei. Propuesta de modificación del trazado en planta y alzado tramo PK 1+500-PK 5+000”.

DOG 10 de marzo (47)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Fundación Arume.- Orde do 26 de febreiro de 2020 pola que se clasifica de interese para o desenvolvemento forestal de Galicia a Fundación Arume.

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Promoción de emprego.- CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción de emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e do Programa II, de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (códigos de procedemento TR341D e TR349F).

Concesións.- Resolución do 28 de febreiro de 2020, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se procede á publicación das axudas concedidas en virtude da Orde do 20 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2019 (código de procedemento TR852A).

Concesións.- Resolución do 28 de febreiro de 2020, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 20 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a responsabilidade social empresarial (RSE), a igualdade laboral e a conciliación laboral e persoal, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

Concesións.- Resolución do 28 de febrero de 2020, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 20 de decembro de 2018 pola que se regula o réxime de subvencións ás organizacións sindicais para o ano 2019 (Diario Oficial de Galicia número 17, do 24 de xaneiro).

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Informe ambiental.- Anuncio do 21 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico do Plan especial de infraestruturas e dotacións do polígono P-6.1 da AR-6, no núcleo de Reboredo, no concello de San Cibrao da Viñas (expediente 2019AAE2411; código 2275/2019).

PXOM.- Anuncio do 21 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal, no ámbito da quinta Casa do Sol, situada en Laraño-San Xián de Sales, no concello de Vedra (expediente 2019AAE2312; código 2277/2019).

 

BOP Pontevedra 10 de marzo (48)

COMUNIDAD DE REGANTES DE LA LEVADA DE PORTOMUROS-PIÑEIRO

Asamblea xeral.- Convocatoria asemblea xeral.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias