Normativa do 16 de marzo de 2020

BOP A Coruña (51): Bases reguladoras do programa de subvencións dirixido ás organizacións profesionais agrarias e labregas (OPAS) da provincia da Coruña para a realización de actividades durante o ano 2020.

DOG 16 de marzo (52)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

Consellería de Economía, Emprego e Industria

Ampliación de crédito.- Orde do 9 de marzo de 2020 pola que se publica a primeira ampliación de crédito da Orde do 17 de decembro de 2019 pola que se procede á segunda convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas para os exercicios 2020-2021 (código de procedemento TR301P) e á primeira convocatoria dos incentivos á contratación vinculados (código de procedemento TR349X) para o exercicio 2020.

VI. ANUNCIOS

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Informe ambiental.– Anuncio do 28 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal: modificación de varias cuestións normativas no concello de Lousame (expediente 2019AAE2403; código 2269/2019).

Solo núcleo rural.– Anuncio do 28 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da delimitación do solo de núcleo rural da Veiga, na parroquia de Pradeda, no concello de Guntín (expediente 2019AAE2406; código 2271/2019).

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

Cesión de predios.- Anuncio do 2 de marzo de 2020 polo que se notifican ás persoas interesadas propostas de resolución de desistencia e resolucións de cesión temporal de predios con vocación agraria.

Axencia Galega de Infraestruturas

Expropiacións.- Anuncio do 2 de marzo de 2020 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción de glorieta no punto quilométrico (p.q.) 98+340 da AC-550, de clave AC/19/076.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido.

Expropiacións.- Anuncio do 6 de marzo de 2020, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se notifica o levantamento de actas previas á ocupación ao non poder efectuarse as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a obra coa clave PO/17/141.06.

Concello de Arbo

Xestión de biomasa.- Anuncio de requirimento de xestión de biomasa (expediente 342/2018).

Concello de Caldas de Reis

Xestión de biomasa.- Anuncio de exposición pública do expediente de orde de execución (466/2020) para a xestión da biomasa.

BOP A Coruña 16 de marzo (51)

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Expropiacións.- Acordo do 11 de marzo de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica, no concello de Muxía (expediente IN407A 2019/167-1).

Deputación Provincial da Coruña

BASES REGULADORAS OPAS 2020.- R.P. n.º 9254, do 11.3.2020, pola que se aprobaron as bases reguladoras do programa de subvencións dirixido ás organizacións profesionais agrarias e labregas (OPAS) da provincia da Coruña para a realización de actividades durante o ano 2020.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias