Normativa do 17 de marzo de 2020

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 17 de marzo (53)

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

Consellería do medio rural

Artesanía alimentaria.- Corrección de erros. Decreto 174/2019, do 19 de decembro, polo que se regula a artesanía alimentaria.

II. AUTORIDADES E PERSOAL

Consellería de Economía, Emprego e Industria

Nomeamentos CES.- Orde do 2 de marzo de 2020 pola que se procede ao cesamento e nomeamento de membros do Consello da Economía Social de Galicia.

Nomeamentos Consello Galego de Cooperativas.- Orde do 2 de marzo de 2020 pola que se procede ao cesamento e nomeamento de membros do Consello Galego de Cooperativas.

VI. ANUNCIOS

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Explotación porcina.- Anuncio do 2 de marzo de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se dá publicidade á resolución pola que se outorga a autorización ambiental integrada 2016-IPPC-84-327, para a reforma e ampliación dunha explotación porcina de 1.250 a 2.865 porcos de ceba, situada no concello de Chantada (Lugo). Titular: Productos Miño, S.L.

Consellería de Economía, Emprego e Industria

Instalación eléctrica.- Resolución do 31 de xaneiro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se outorgan a Hidroeléctrica de Silleda, S.L. as autorizacións administrativas previa e de construción e se declara a utilidade pública, en concreto, da infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica denominada LAT 66 kV de SET Cira a SET Silleda, no concello de Silleda (expediente IN407A 2015/085-4).

Consellería do Medio Rural

Concentración parcelaria.- Anuncio do 3 de marzo de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica un trámite de audiencia en relación cos expedientes de recursos de alzada contra a resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural de inclusión de núcleos rurais na zona de concentración parcelaria de Val de Camba (Rodeiro-Pontevedra).

Axencia Galega de Infraestruturas

Expropiacións.- Anuncio do 3 de marzo de 2020 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción acondiciomanento da AC-110 no concello das Somozas, de clave AC/19/003.10, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Concello de Paderne

Xestión de biomasa.- Edicto de notificación de execución subsidiaria da limpeza dunha leira por risco de incendio, ante a imposibilidade de notificar aos responsables no domicilio.

 

BOP A Coruña 17 de marzo (52)

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

Expropiacións.- Anuncio do pagamento mediante transferencia bancaria dos bens e dereitos afectados polas obras vía de alta capacidade Carballo-Berdoias.

 

BOP Lugo 17 de marzo (62)

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO

Disolución.- Disolución da “Asociación de productores de leche de Montecubeiro” (AGROLAM).

FRIOL

Actividades extractivas de madeira.– Aprobación da Ordenanza reguladora do uso común especial do dominio público local polas actividades extractivas de madeira nos montes e espazos forestais.

SECRETARÍA XERAL DE INFRAESTRUTURAS, (ADIF)

Expropiacións.- Proxecto de ampliación de Gálibo en pasos superiores. Término municipal de Monforte de Lemos.

Expropiacións.- Proxecto de construcción de túnel de Oural. Términos municipais de O Incio e Sarria.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias