UUAA PIDE ADIAR A LIQUIDACIÓN DE IMPOSTOS DADA A IMPOSIBILIDADE DE TRAMITAR FACTURAS POLO CONFINAMENTO

Pide a Medio Rural medidas para evitar adulteracións inxustificables de prezos

Santiago 25 de marzo de 2020.- A organización Unións Agrarias lamenta de que o Ministerio de Facenda non atendese o criterio do sentido común e obrigue aos produtores agrarios e gandeiros a desprazarse ata as cabeceiras de comarcas para entregar facturas aos xestores administrativos das súas explotacións para efectuar as liquidacións trimestrais de impostos.

Desde UUAA advírtese que esta situación supón un risco sanitario innecesario ao que se expón os titulares de granxas, polo que solicita que as declaracións de IVE e sociedades poidan liquidarse nesta ocasión de xeito semestral atendendo a razóns de forza maior; ou ben que se poidan facer telematicamente sen necesidade de presentar a documentación de maneira física.

Unha parte moi destacada da base da produción agrícola e gandeira de Galicia vai ver como se reducen drasticamente os seus ingresos a causa do afundimento das vendas ao canal HORECA e a supresión de mercados e feiras locais.

A organización agraria insta tamén á Consellería do Medio Rural a activar de xeito urxente o Observatorio de custos ao que se comprometeu o pasado 19 de febreiro, coincidindo coa mobilización de UUAA. Unha ferramente necesaria para garantir un seguemento eficaz da conformación de prezos das distintas producións entre orixe e destino; e tamén para evitar posibles adulteracións de mercado por culpa do incremento ou contracción da demanda, dada a volatilidade das vendas nas grandes superficies.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias