Normativa do 2 de abril de 2020

DOG (Nº 65): Orde do 31 de marzo de 2020 pola que se acorda a ampliación do prazo máximo de resolución e notificación do procedemento de suspensión de contratos e redución de xornada por causa de forza maior que teñan a súa causa directa en perdas de actividade como consecuencia do COVID-19.

DOG 2 de abril (65)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Suspensión de contratos e redución de xornada.- Orde do 31 de marzo de 2020 pola que se acorda a ampliación do prazo máximo de resolución e notificación do procedemento de suspensión de contratos e redución de xornada por causa de forza maior que teñan a súa causa directa en perdas de actividade como consecuencia do COVID-19, incluída a declaración do estado de alarma, tramitados pola Secretaría Xeral de Emprego así como polas respectivas xefaturas territoriais en función dos respectivos ámbitos territoriais de afectación.

“Ampliación do prazo máximo de resolución e notificación de todos os procedementos de suspensión de contratos e redución de xornada por causa de forza maior que teñan a súa causa directa en perdas de actividade como consecuencia do COVID-19, incluída a declaración do estado de alarma, que tramiten a Secretaría Xeral de Emprego e as xefaturas territoriais da Consellería de Economía, Emprego e Industria, ampliando cinco días o prazo previsto no artigo 22 do Real decreto lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e so- cial do COVID-19”

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

Chave 365.- Resolución do 30 de marzo de 2020 pola que se acorda a aplicación de medidas derivadas da declaración do estado de alarma no servizo de claves concertadas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia Chave365.

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

Prevención de riscos laborais.- Resolución do 24 de marzo de 2020 pola que se convoca un curso de prevención de riscos laborais de nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario ou persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Instalación eléctrica.- Resolución do 11 de marzo de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica nos concellos de Salvaterra de Miño e As Neves (expediente IN407A 2019/170-4).

 

BOP Ourense 2 de abril (76)

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA -Xefatura Territorial de Ourense

Segregación Tecor.– Exposición pública de la solicitud del expediente de segregación del Tecor San Trocado y Cidade. (Páx. 2)

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias