Santiago, 7 de abril de 2020.- O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, mantivo hoxe unha reunión telemática con conselleiro de Medio Rural, José González, para trasladarlle a preocupación que se está a dar entre os produtores de carne de vacún debido á caída que están a experimentar os prezos en orixe, pese a que a comercialización nas grandes superficies segue cunha forte demanda. Outro dos sectores que están a ver caer as cotizacións en Galicia é o dos derivados da agricultura de invernadoiro, tanto flor ornamental como horta. Tamén no viñedo, tal e como xa viña poñendo de manifesto UUAA, se aprecia unha baixa motivada pola peche da restauración. Unha situación que fai preciso aplicar un plan de contención para frear as perdas nese sector.
O líder da organización agraria valorou positivamente o anuncio da Consellería en relación á flexibilización da tramitación de axudas que requiran un acta previa, sobre todo no caso das reestructuración de viñedos que se viran paralizadas pola falta de levantamentos de actas por parte dos inspectores da Xunta. A partir de agora bastará cunha declaración xurada dos perceptores e unha reportaxe fotográfica para dar testemuño do inicio das reformas. Do mesmo xeito, UUAA solicitou liquidez para as pequenas adegas; así como iniciativas de promoción que permitan recuperar mercados nas vindeiras campañas de comercialización do viño.
A comunicación do adío da xustificación das axudas da PAC ao 15 de xuño supón poñer fin o contrasentido que supoña por un lado confinar aos cidadáns e por outro obrigalos a transitar cara as xestorías para traer e levar documentos. A organización agraria agarda que a ampliación dese prazo non supoña un retraso no pago das partidas, dada a necesidade que teñen as axudas de financiamento e posibilidade que ten a Administración de fiscalizar a posteriori os expedientes. Neste apartado, Roberto García trasladoulle ao conselleiro a necesidade dunha actuación orzamentaria extraordinaria a través do PDR que sirva como salvavidas financeiro para as explotacións de montaña e zonas desfavorecidas. Así como a habilitación de orzamento para o resto de explotacións a través de axudas de mínimis; e a redución dos custos de produción nas explotacións mediante a gratuidade dos crotais e seguros.
No ámbito económico, tamén se abordou a adaptación do mecanismos de inxección de circulante que tanto o ICO como o IGAPE abriron onte para empresas e autónomos. A urxencia de poder aplicalo ao sector primario é patente, posto que a diferencia das industrias ou os comercios, as explotacións agrogandeiras que se ven abocadas ao peche xa non poden volver a abrir ao mellorar o momento económico.
UUAA informou ao conselleiro do Medio Rural da necesidade de promover o consumo de produtos de proximidade para evitar as caídas de prezos nas granxas galegas; e sobre todo a vixilancia das ofertas de produtos reclamo que nos últimos días se teñen denunciado dende a organizacións agraria.
Por último, Unións Agrarias reclama da Consellería medidas de prevención e protección para os seus traballadores e traballadoras ante o evidente risco de contaxio ao que se expoñen; xa que como non se suspenderon a presentación de impostos e liquidación de cargas administrativas deben de manter abertas as oficinas.