UUAA PIDE MANTER A SUSPENSIÓN DA CAMPAÑA DE SANEAMENTO GANDEIRO

Con niveis de positivos dun 0,05% resulta agora un risco inncesario para as explotacións

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2020.- Unións Agrarias manifesta a súa total oposición á recente circular do Ministerio de Agricultura que insta á reapertura das campañas de saneamento animal en Galicia. Dado que os niveis de prevalencia en rebaño da tuberculose apenas chega ao 0,05%, o reinicio desta actividade supón someter a un risco inncesario de contaxio por Coronavirus tanto aos inspectores como aos titulares das explotacións, debido á falta de dispoñibilidade de equipos de protección. Desde hai uns días están citando de novo os veterinarios para acceder ás explotacións, cando ese mesmo colectivo se nega a acudir a realizar inseminacións de animais coa conseguinte perda de ciclo reprodutor das vacas.

Desde UUAA resáltase que un altísimo número dos animais que foron sacrificados polas analíticas previas non deron resultados positivos nas análises post morten realizadas nos matadoiros. Un feito que supón graves perdas para as graxas, tendo en conta que se trata de gando de alta xenética e cuxa indemnización apenas cubre a metade do seu valor. Ademais, hai que destacar que as provincias de Pontevedra e A Coruña, cunha carga gandeira moi importante, xa teñen sido declaradas como indemnes á brucelose e á tuberculose. Un cúmulo de feitos que leva á organización agraria a afirmar que nestes momentos unicamente se debería manter a campaña sobre os animais destinados a trashumancia; ou no caso de importacións de vacas de zonas de risco.

Galicia conta cunha das mellores ratios de prevalencia de animais enfermos por tuberculose (0,05% por rabaño contra unha media do 34% en España). Unha porcentaxe que se traduce nun total de 38 positivos sobre unha cabana de 789.000 animais en 2018. Pola contra, UUAA advirte que a cruz destes bos datos sitúase no altísimo número de vacas que son sacrificadas innecesariamente, (2.026 animais en 2018) por ter reaccionado ao test de tuberculose.

Ante esta situación, Unións Agrarias propón un novo modelo que, sen baixar a garda e mantendo sempre a vixilancia, evite sacrificios innecesarios que, ademais de provocar perdas nas explotacións, elevan o risco de contaxio ao suplir as vacas mortas por reses adquiridas noutras comunidades autónomas con menores índices de eficiencia sanitaria. Esta nova mecánica está centrada nas análises postmortem en matadoiro de animais de desvelle, e que desde eses resultados se actúe sobre as granxas onde se poida detectar algún tipo de problema. Máxime nas explotacións de leite, onde a rotación de animais permite unha detección case inmediata.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias