Normativa do 16 de abril de 2020

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 16 de abril (73)

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Explotación avícola.- Anuncio do 30 de marzo de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental do proxecto de ampliación de explotación avícola, ata 71.054 polos de ceba, na parroquia de Cabreiroá, no concello de Verín (expediente 2019/0165).

Impacto ambiental.- Anuncio do 31 de marzo de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de instalación para o almacenamento de residuos non perigosos (cinzas voantes de carbón) no porto de Marín, no concello de Marín (expediente 2019/0120).

Impacto ambiental.- Anuncio do 3 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico do Proxecto sectorial do aproveitamento hidroeléctrico de San Xoán de Fecha, no río Tambre, nos concellos de Santiago de Compostela e Trazo, promovido por Hidro Energía Xana, S.L. (expediente 2018AAE2239; código 2287/2019).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución.- Resolución do 1 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, pola que se dá publicidade da aprobación de unidades de admisión e da súa inclusión no Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución.

 

BOP Lugo 16 de abril (86)

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

Plan Estratéxico de Subvencións.- Plan estratégico de subvenciones (PLAN PLURIANUAL 2020-2022) e Anexo I, sobre liñas, actuacións específicas e créditos inicialmente disponibles para o ejercicio 2020.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias