UUAA PIDE QUE AS AXUDA ÁS ADEGAS SE VINCULEN Á VENDIMA

Os produtores temen que non se lles recollan as uvas

Santiago, 4 de abril de 2020.- Unións Agrarias solicita ás Consellería do Medio Rural e de Economía e Industria que calquera axuda pública de liquidez para as adegas se vincule ao compromiso de garantir o prezo e os contratos de aprovisionamento na vindeira vendima.

O confinamento derivado do actual Estado de Alarma provocou unha forte falta de liquidez nas adegas, sobre todo nas pequenas, debido á ausencia de vendas na restauración, (especialmente na máis vinculada ao ocio e o turismo). Unha situación que ameaza con provocar un efecto arrastre sobre a base dos produtores, que poderían ter que deixar produción sen recoller ou malvender a uva cunhas cotizacións mínimas.

Desde a organización agraria ponse de manifesto a preocupación existente entre os produtores ante a posibilidade de ter que deixar uvas sen recoller; ou de que os prezos que se paguen pola colleita non cubran custos. Por iso UUAA solicita a apertura dunha mesa de traballo na que se impulse a contractualización da compra-venda de uvas dun xeito eficaz, que evite a especulación baixista que se practica desde determinadas empresas.

Tamén é importante habilitar liñas de crédito adaptadas a manter o modelo social que caracteriza á viticultura no Ribeiro, condonando cotizacións fiscais a aquelas explotacións que non poidan sacar produción. Así como contar con directrices claras no control de excedentes e tratamento de añadas para regular o mercado.

Na Denominación de Orixe Ribeiro hai máis de 1.500 explotacións que aínda entregan uva, e a produción na última vendima foi de arredor de 12 millóns de quilos. A actividade vitivinícola representa na actualidade a única actividade económica que subsiste na comarca.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias