DOUE 8 de maio
COMUNICACIONES E INFORMACIONS (C159)
TRIBUNAL DE CUENTAS
COVID-19.- Dictamen n.o 3/2020 [con arreglo a los artículos 287, apartado 4, y 322, apartado 1, letra a) del TFUE] sobre la propuesta 2020/0054(COD) de Reglamento por el que se modifican el Reglamento (UE) n.o 1303/2013 y el Reglamento (UE) n.o 1301/2013 en lo que respecta a medidas específicas para ofrecer una flexibilidad excepcional en el uso de los Fondos Estructurales y de Inversión Europeos en respuesta al brote de COVID-19
BOE 8 de maio (128)
III. OTRAS DISPOSICIONES
MINISTERIO PARA LA TRANSICIÓN ECOLÓGICA Y EL RETO DEMOGRÁFICO
Impacto ambiental.- Resolución de 4 de mayo de 2020, de la Dirección General de Calidad y Evaluación Ambiental, por la que se formula informe de impacto ambiental del proyecto “Finalización del saneamiento del río Barbaña, mejora EDAR San Cibrao das Viñas fase II (Ourense)”.
DOG 8 de maio (88)
I. DISPOSICIÓNS XERAIS
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE
Transporte público.- Orde do 6 de maio de 2020 pola que se aproban medidas para aplicar nos servizos de transporte público de viaxeiros de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia.
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Tramitación procedimientos.- Corrección de erros. Orde do 27 de abril de 2020 pola que se acorda o inicio e/ou a continuación da tramitación de determinados procedementos indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos no ámbito desta consellería durante a vixencia do estado de alarma.
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Praga Cítricos.- Resolución do 4 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se amplían as zonas demarcadas pola presenza da praga de corentena denominada Trioza erytreae Del Guercio ou psílido africano dos cítricos na Comunidade Autónoma de Galicia.
Queimas agrícolas.- Resolución do 7 de maio de 2020 relativa ás queimas de restos agrícolas nos terreos rústicos, en cumprimento do Acordo do Centro de Coordinación Operativa da emerxencia sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop) do 5 de maio de 2020.
AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA
Subvencións biomasa.- Resolución do 4 de maio de 2020 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes de axuda establecido no artigo 3.3 da Resolución do 18 de decembro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de biomasa destinadas a particulares e cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, se anuncia a convocatoria anticipada para o ano 2020 e se procede á selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión destas subvencións (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro de 2020), e se insta a continuación da tramitación do procedemento de concesión destas subvencións.
“o prazo de presentación das solicitudes de axudas amplíase en 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao do levantamento do estado de alarma”
Programa MOVES.- Resolución do 4 de maio de 2020 pola que se insta a continuidade dos prazos de execución dos proxectos subvencionados e dos prazos de xustificación e pagamento das subvencións concedidas, establecidos na Resolución do 10 de abril de 2019 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (Programa MOVES) (Diario Oficial de Galicia número 74, do 16 de abril).
AXENCIA GALEGA DA INDUSTRIA FORESTAL
Investimentos Forestais.- Resolución do 29 de abril de 2020 pola que se continúa o prazo de presentación de solicitudes do procedemento de concesión de axudas convocadas pola Resolución do 27 de decembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 34, do 19 de febreiro de 2020) (código de procedemento IN500A).
“Continuar co prazo de presentación de solicitudes de axudas económicas destinadas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais, que será de seis (6) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.”
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Explotación porcina.- Anuncio do 6 de marzo de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Ganadería Dacosta, S.C. para unha granxa de porcos de ceba (expediente 2019-IPPC-M-157).
Explotación porcina.- Anuncio do 14 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e a solicitude de autorización ambiental integrada para a ampliación da explotación porcina de ceba no Pedrón, de O Pedrón, S.C., no concello de Vilar de Barrio (expediente 2019-IPPC-I-172).
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
Eólicos.- Corrección de erros. Resolución do 16 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción do parque eólico Corme modificación substancial (repotenciación do parque eólico Corme G-3), sito no concello de Ponteceso (A Coruña) e promovido por EDP Renovables España, S.L.U. (expediente IN661A 2018/1-1).
Instalación eléctrica.- Resolución do 17 de abril de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Samos (expediente IN407A 2019/37 AT).
BOP Lugo 8 de maio (104)
OUTEIRO DE REI
Convocatoria.- Subvencións a pymes e autónomos para contribuir ao financiamento de gastos correntes durante a suspensión da súa actividade causada pola alerta sanitaria do COVID-19.
BOP Ourense 8 de maio (104)
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE
Subvencións.- Modificación do texto refundido das bases reguladoras das subvencións para proxectos empresariais ou de autoemprego en municipios rurais de menor poboación, no marco do Proxecto EmprendOU. (Páx. 2)