BOE 13 de maio (134)
I. DISPOSICIONES GENERALES
JEFATURA DEL ESTADO
Estado de alarma. Medidas urgentes. ERTE.- Real Decreto-ley 18/2020, de 12 de mayo, de medidas sociales en defensa del empleo.
DOG 13 de maio (92)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
Modificación bases.- Orde do 8 de maio de 2020 pola que se modifica a Orde do 30 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a innovación, a dixitalización e a implantación de novas fórmulas de comercialización e expansión do sector comercial e artesanal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código do procedemento CO300C).
Amplíase o prazo de presentación de solicitudes ata o 29 de maio de 2020.
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
Instalación eléctrica.- Resolución do 13 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se outorgan a Red Eléctrica de España, S.A.U. a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción e se declara a utilidade pública, en concreto, e a compatibilidade cos dereitos mineiros correspondentes ás concesións de explotación de recursos da sección C), Benedicta número 1544 e Arcace número 21, da infraestrutura de transporte de enerxía eléctrica denominada LAT aerosubterránea a 220 kV, S/C, Atios-Montouto, tramo entre a subestación Atios e o apoio T-13 existente, no concello do Porriño (expediente IN407A 2018/321-4).
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Concentración parcelaria.- Anuncio do 30 de abril de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se lles notifica a varios interesados a toma de posesión provisional dos predios de substitución da zona de concentración parcelaria de Santa Baia de Losón (Lalín-Pontevedra).