Unións Agrarias cuantifica as perdas da Covid19 e reclama solucións para agricultores e gandeiros

Podes ver o vídeo da rolda de prensa completa

-Desde que comezou a crise do coronavirus o sector da carne de vacún galego deixou de ingresar 2,9 millóns de euros
-No lácteo as perdas superan os 6 millóns.
-Ovino e caprino: 700.000 euros menos, que as axudas aprobadas polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación están moi lonxe de cubrir.
-No viño: alarma polas repercusión que a caída de vendas das adegas terá na próxima vendima.

Ao descenso de ingresos que agricultores e gandeiros xa están a padecer nestes sectores haberá que sumar nos vindeiros meses novas perdas:
-As causadas polos danos da fauna salvaxe que, calculamos, debido ao confinamento poderían aumentar este ano ata 18 millóns de euros.
-As do sector cunícola e avícola, debido ao descenso do consumo destas carnes que virá coa caída do turismo. E que, só no caso do polo, os produtores cifran en 3,5 millóns de euros.

De todo elo, falou o secretario xeral de Unións Agrarias nunha rolda de prensa telemática. Cando se cumpren dous meses da declaración do estado de alarma, Roberto García lembra o comportamento exemplar de agricultores e gandeiros; que dende o minuto cero desta crise sanitaria non dubidaron en deixar aparcadas as súas reclamacións en relación a unha formación xusta de prezos para os produtos agrogandeiros; e centráronse en traballar para garantir o subministro alimentario. Porén, as semanas pasan e as dificultades van a máis. Polo que a organización agraria apela agora á responsabilidade de Goberno central e Xunta de Galicia para impulsar as accións e ferramentas precisas para solventar os problemas dos que nos dan de comer.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias