Que precisa o noso sector apícola?

No Día Mundial das Abellas, lembramos as principais necesidades

Que precisa o noso sector apícola? No Día Mundial das Abellas, lembramos as principais necesidades:

 

  1. No relativo ao mercado, medidas efectivas que reequilibren a cadea de valor do mel e os produtos apícolas e que aseguren a sustentabilidade das familias que viven da apicultura. Tamén unha revisión urxente da política de acordos comerciais que garantice que o mel importado cumpre con todos os requisitos produtivos, sociais e medioambientais esixidos a un apicultor do noso país. Os productos apícolas, entre eles o mel e o polen, non poden ser empregados como moeda de cambio nos acordos comerciais que se establezan a nivel europeo.
  2. Un etiquetado que inclúa o listado de países de orixe, así como a porcentaxe de mestura de cada un.
  3. En materia de sanidade, considérase imprescindible a creación dun grupo de traballo específico sobre Varroa que se reúna periodicamente a nivel estatal e que mellore a coordinación entre as distintas administracións en materia sanitaria, ademais de apoiar a investigación para o desenvolvemento de novos principios activos contra a Varroa.
  4. Outro aspecto destacado é o relativo á falta de espazo para asentamentos apícolas, polo que se pide que se poida valorar a utilización de espazos públicos, ademais de regular distancias mínimas entre colmeares, entre outras.
  5. Respecto á PAC, considérase imprescindible o mantemento e reforzo do orzamento estatal e das distintas comunidades autónomas destinado a axudas ao sector apícola.
  6. Outro dos puntos incluídos é o relativo á adaptación ao cambio climático. É necesario realizar análises da vulnerabilidade da apicultura, definir sistemas de indicadores de impacto e medidas para reducir as vulnerabilidades detectadas.
  7. Unha estratexia nacional coordinada fronte á ameaza das especies invasoras e depredadoras das abellas.
  8. Unha liña de seguro acorde ás necesidades do sector e vinculada á apicultura.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias