Normativa do 22 de maio de 2020

DOG (98): Resolución do 19 de maio de 2020 relativa á xestión da biomasa, limpeza, roza e mantemento. Resolución do 19 de maio de 2020 relativa á apertura dos mercados de gando en cumprimento do Acordo do Centro de Coordinación Operativa da emerxencia sanitaria. Convocatoria de axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres. Orde do 13 de maio de 2020 relativa ás excepcións para o ano 2020 na execución dos controis administrativos e sobre o terreo. Programa de axudas para contribuír a minimizar o impacto económico e social do COVID-19 nos alugueiros de vivenda habitual.

BOE 22 de maio (144)

III. OTRAS DISPOSICIONES

MINISTERIO PARA LA TRANSICIÓN ECOLÓGICA Y EL RETO DEMOGRÁFICO

Subvenciones.- Resolución de 20 de mayo de 2020, de la Subsecretaría, por la que se acuerda la tramitación de los procedimientos de convocatoria para la concesión de subvenciones en 2020 a entidades del tercer sector u organizaciones no gubernamentales, que desarrollen actividades de interés general consideradas de interés social en materia de investigación científica y técnica de carácter medioambiental, y para la concesión de subvenciones en 2020 a sindicatos de trabajadores del sector medioambiental para el desarrollo de sus actividades de colaboración y representación ante la Administración General del Estado, la Unión Europea e Instituciones Internacionales, y para la realización de proyectos de especial interés para el desarrollo y mejora de los trabajadores del citado sector.

 

DOG 22 de maio (98)

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Xestión de biomasa. Emerxencia sanitaria.- Resolución do 19 de maio de 2020 relativa á xestión da biomasa, limpeza, roza e mantemento tanto en montes e terreos forestais, ou en predios en solo rústico que alberguen especies vexetais leñosas ou herbáceas, como nos predios existentes en solo urbano, urbanizable e de núcleo rural en cumprimento do Acordo do Centro de Coordinación Operativa da emerxencia sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop) do 16 de maio.

Mercados de ganado. Emerxencia sanitaria.- Resolución do 19 de maio de 2020 relativa á apertura dos mercados de gando en cumprimento do Acordo do Centro de Coordinación Operativa da emerxencia sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop) do 16 de maio.

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Convocatoria.- Resolución do 7 de maio de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento SI437A). (Extracto)

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 22/05/2020

Ampliación orzamentaria.- Resolución do 13 de maio de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 13 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento SI427A).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Controis administrativos e de campo. COVID-19.- Orde do 13 de maio de 2020 relativa ás excepcións para o ano 2020 na execución dos controis administrativos e sobre o terreo establecidos nas convocatorias de subvencións desta consellería cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, de conformidade co Regulamento de execución (UE) 2020/532 da Comisión, do 16 de abril de 2020, que establece excepcións, para o ano 2020, aos regulamentos de execución (UE) 809/2014, (UE) 80/2014, (UE) 181/2014, (UE) 2017/892, (UE) 2016/1150, (UE) 2018/274, (UE) 2017/39, (UE) 2015/1368 e (UE) 2016/1240, no que se refire a determinados controis administrativos e sobre o terreo aplicables no marco da política agrícola común.

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

Bono alugueiro social.- Resolución do 19 de maio de 2020 de concesión directa da axuda complementaria á dos programas do bono de alugueiro social e do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero. (Extracto)

Convocatoria axudas aluguer.- Resolución do 19 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa de axudas para contribuír a minimizar o impacto económico e social do COVID-19 nos alugueiros de vivenda habitual, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento VI432E). (Extracto)

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de setembro de 2020 e, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario, que será publicado no DOG mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Impacto ambiental.- Anuncio do 5 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de nova captación de augas para regadío na Comunidade de Regantes Antioquía, na parroquia de Cortegada, no concello de Sarreaus (Ourense) (expediente 2019/0036).

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias